CELA3B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O encima familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B, tamén chamado elastase 3B, protease E, ou elastase fecal é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CELA3B (antes ELA3B) do cromosoma 1.[1][2][3]

A literatura clínica que describe a actividade da elastase 1 humana no páncreas e no material fecal refírese en realidade a esta proteína, é dicir, a "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B".[4]

Función[editar | editar a fonte]

As elastases constitúen unha subfamilia de serina proteases que hidrolizan a proteína elastina e moitas outras proteínas. Os humanos temos varios xenes de elastases que codifican distintos isocimas estruturalmente similares, chamados CELA1, CELA2A, CELA2B, CELA3A e CELA3B. A diferenza doutras elastases, a elastase 3B ten pouca actividade elastolítica (hidrólise da elastina). Como a maioría das elastases humanas, a elastase 3B segrégase no páncreas como un cimóxeno e, igual que outras serina proteases como a tripsina, quimotripsina e calicreína, ten unha función dixestiva no intestino. A elastase 3B cliva preferentemente as proteínas rompendo os enlaces peptídicos despois de residuos do aminoácido alanina. A elastase 3B pode tamén funcionar no transporte intestinal e metabolismo do colesterol. Tanto a elastase 3A coma a 3B foron denominadas protease E e elastase 1, e a excreción desta proteína no material fecal é utilizada frecuentemente como unha medida da función pancreática en probas clínicas.[3]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

A proba da elastase fecal é unha proba médica que serve para medir como funciona o páncreas.

A proba da elastase fecal mide a concentración do encima elastase 3B na materia fecal cun ensaio de inmunoabsorbencia de encima unido (ELISA). Os resultados desta proba poden dar unha boa indicación do estado do páncreas exócrino, e a proba é menos invasiva e máis barata que a actual proba estándar da secretina-colecistoquinina.[5] Niveis de elastase fecal menores de 200 μg / g de feces indican unha insuficiencia exócrina. Informouse das correlacións entre os niveis baixos e a pancreatite crónica[6] e o cancro.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tani T, Ohsumi J, Mita K, Takiguchi Y (Feb 1988). "Identification of a novel class of elastase isozyme, human pancreatic elastase III, by cDNA and genomic gene cloning". J Biol Chem 263 (3): 1231–9. PMID 2826474. 
  2. Shirasu Y, Takemura K, Yoshida H, Sato Y, Iijima H, Shimada Y, Mikayama T, Ozawa T, Ikeda N, Ishida A; et al. (Dec 1988). "Molecular cloning of complementary DNA encoding one of the human pancreatic protease E isozymes". J Biochem 104 (2): 259–64. PMID 2460440. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: ELA3B elastase 3B, pancreatic". 
  4. "Entrez Gene: chymotrypsin-like elastase family, member 1". 
  5. Molinari I.; et al. (September 2004). "Fecal chymotrypsin and elastase-1 determination on one single stool collected at random: diagnostic value for exocrine pancreatic status". Clin Biochem 37 (9): 758–763. PMID 15329313. doi:10.1016/j.clinbiochem.2004.03.010. 
  6. Fecal Elastase 1 ELISA For Exocrine Pancreatic Insufficiency: Comparison With ERCP-Morphology And Fecal Fat Excretion [1] Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  7. "Role of Fecal Elastase 1 in Pancreatic Cancer: A Pilot Study". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]