CEIP López Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′09″N 8°32′34″O / 42.885808632011, -8.5427061615667

CEIP López Ferreiro
Avda. de Xoán XXIII, a carón do centro
Enderezo
Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela
Datas
Educación
EnsinanzasEducación infantil e educación primaria
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
Web


O CEIP López Ferreiro é un colexio urbano pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado na zona antiga de Santiago de Compostela, entre a avenida de Xoán XXIII e a rúa Xasmíns.

Características[editar | editar a fonte]

A súa zona de influencia é a zona vella de Santiago mais recibe alumnado de toda a cidade e de localidades e concellos limítrofes.

Os seus inicios datan do ano 1849, no que se creou por Real Decreto a Escola Normal Superior da Universidade Literaria de Santiago de Compostela, que comezou a súa andaina no Colexio de San Xerome, na praza do Obradoiro.

O centro leva o nome do escritor e historiador galego Antonio López Ferreiro (Santiago de Compostela, 1837- Vedra, 1910). Actualmente, impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos).

O CEIP López Ferreiro réxese polos principios de tolerancia, igualdade, solidariedade, inclusión, innovación e participación, facendo unha aposta específica polo uso da lingua galega.