Consello Superior de Investigacións Científicas
Consello Superior de Investigacións Científicas | |
---|---|
CSIC | |
Consejo Superior de Investigaciones Científicas | |
Sede central CSIC. | |
Información xeral | |
Formación | 24 de novembro de 1939 (84 anos) |
Precedente | Junta para Ampliación de Estudios |
Sede central | C/ Serrano, 117. 28006 Madrid |
Empregados | 11 112 (2017) |
Orzamento | 624 millóns de euros (2017)[1] |
Director | Rosa María Menéndez López |
Sitio web | |
www |
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertence ó Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.
Orixe
[editar | editar a fonte]Fundouse no ano 1939, en substitución da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) que se fundara no ano 1907 no seo da Institución Libre de Enseñanza (ILE).[2] A ILE comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa e tiña contado con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi. A JAE foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal até o seu pasamento en 1934, e foi reestruturada polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre,[3] pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibáñez Martín, e por outra o membro do Opus Dei, o edafólogo José María Albareda. En xullo de 2024, foi o CSIC retirou un cadro en homenaxe ao seu primeiro director da ditadura, debido á súa participación na represión franquista.[4]
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril).
Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, de acordo coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), son:
- Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
- Asesorar ás administracións en materia científica.
- Fomentar a ciencia
- Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
- Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
- Formación de investigadores e técnicos científicos.
- Colaborar co Plan Nacional de I+D.
Divulgación
[editar | editar a fonte]Dentro do fomento da ciencia, o CSIC contempla tamén a divulgación. Así, durante a pandemia do COVID-19, na súa web púidose ver unha páxina cunha relación de ligazóns a instruméntos didácticos e de iniciación á investigación.[5]
Delegación en Galicia
[editar | editar a fonte]Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.
Conta cunha Unidade de Cultura Científica (UCC) para promover a divulgación.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial.
-
Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
-
Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.
-
Misión Biolóxica de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La 'cara b' de la subida en I+D+i: tres datos que el Gobierno no cuenta".
- ↑ "Historia". www.jae2010.csic.es. Consultado o 14 de xullo de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ Sánchez, José María López (2016). "El árbol de la ciencia nacionalcatólica: los orígenes del Consejo Superior de Investigaciones Científicas". Cuadernos de Historia Contemporánea (en castelán) 38: 171–184. ISSN 1988-2734. doi:10.5209/CHCO.53672.
- ↑ Borraz, Marta (2024-07-12). "El CSIC reconoce su origen franquista y retira el cuadro de su primer presidente por participar en la represión". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "Aprende ciencia en casa con el CSIC - Consejo Superior de Investigaciones Científicas - CSIC - csic.es". www.csic.es. Consultado o 2020-05-21.
- ↑ "UCC.CSIC.Galicia (@UCCGalicia) / Twitter". twitter.com. Consultado o 2020-04-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Consello Superior de Investigacións Científicas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina principal do CSIC
- CSIC-Delegación de GaliciaArquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Canle de Youtube da UCC CSIC Galicia.