César Oro García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
César Oro García
Nacemento1924
 A Veiga
Falecemento16 de marzo de 2013
 Cidade de Washington
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Habana e Universidade Atlántica de Florida
Ocupaciónlingüista e profesor
editar datos en Wikidata ]

César Oro García, nado na Veiga (Lalín) en 1924[1] e finado en Washington, D.C. o 16 de marzo de 2013[2], foi un lingüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Monterroso, Mondoñedo, País Vasco (cos padres pasionistas) e Melide. Renunciou ao sacerdocio. Na Coruña cursou estudos de Náutica, pero embarcou rumbo a Cuba. Traballou e estudou na Universidade da Habana, e aos poucos meses marchou a Estados Unidos.

En Miami desempeñou varios oficios e seguiu estudando na Florida Atlantic University. Na década de 1970 comenzou a publicar traballos sobre lingua española. Despois de pasar pola Universidade de Maryland rematou a súa tese, e converteuse en profesor da Universidade de Howard[3].

Na Howard University foi profesor e investigador do departamento de Linguas Romances, chegando a ser un dos máis importantes especialistas en literatura medieval española e galego-portuguesa. Foi membro da Sociedad Nacional Hispánica e The American Association of Teachers of Spanish and Portuguese (AATSP). En 1985 participou no Congreso Internacional sobre Rosalía e no II Congreso de Estudos Galegos da Brown University, en 1988.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La perífrasis verbal gallega.
  • El romero encantado: una aproximación sintáctica.
  • Fluctuaciones de los verbos gallegos en -ar al comienzo de los lexemas.
  • Las formas del verbo galaico-portugués seer según los textos, siglos XII y XIII.
  • En torno a una polémica: la normalización del gallego.
  • Algunas consideraciones sobre las desinencias -an, -ano, -ao en gallego actual.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Oro García, César". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 407. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Xan Salgueiro (13 de maio de 2013). "Llegan a Lalín las cenizas del profesor César Oro García, fallecido en EE UU el 16 de marzo". Faro de Vigo. 
  3. *Benito García Carril (1 de abril de 2012). "César Oro García". Faro de Vigo.