Miguel Domínguez Alfonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) |
Alcalde da Cañiza | |
2011 – 2019 ← César Mera – Luis Antonio Gómez Piña → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Cañiza |
Ocupación | político |
Miguel Adolfo Domínguez Alfonso,[1] nado na Cañiza o 13 de setembro de 1973,[2] é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de finalizar unha diplomatura en Ciencias Empresariais e estudos de Economía cursou un máster en Asesoría Fiscal e Tributación. Iniciou a súa actividade profesional como asesor de empresas en 1999, tras traballar primeiro como contable nunha empresa do sector do metal e como responsable financeiro doutra, á vez que compatibilizaba as tarefas contables na empresa familiar. Está colexiado no Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra desde 1999. Dende 2006 ata 2011 foi presidente do C. F. Cañiza.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Cañiza e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 resultou reelixido, novamente con maioría absoluta. De 2011 a 2019 foi membro do Consello Escolar de Galicia, e de 2015 a 2019, formou parte da Comisión de Despoboamento creada no seo da FEMP, ademais de ser o único representante de Galicia no Grupo de Traballo Contra o Despoboamento creado na CNAL, dependente do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Foi presidente do GDR Condado-A Paradanta e vicepresidente da asociación de GDR de Galicia en 2018.[3]
Nas municipais de 2019 non logrou a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía en favor do candidato socialista Luis Antonio Gómez Piña tras lograr este o apoio de Ciudadanos. Nese mandato foi deputado provincial. Nas municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG, mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PSdeG revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
Predecesor: César Mera |
Alcalde da Cañiza 2011 - 2019 |
Sucesor: Luis Antonio Gómez Piña |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Represento renovación pero nuestros votantes seguirán fieles al PP" Faro de Vigo, 27/3/2011.
- ↑ "Miguel Adolfo Domínguez Alfonso". eDepo (en castelán). Consultado o 2022-11-23.[Ligazón morta]
- ↑ "Miguel Domínguez, vicepresidente de 24 grupos de desarrollo". farodevigo.es (en castelán). 16 de marzo de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.