César Cunqueiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1941 (82 anos) Mondoñedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta , notario |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | Álvaro Cunqueiro |
César Cunqueiro González-Seco, nado en Mondoñedo o 7 de setembro de 1941,[1] é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Álvaro Cunqueiro, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962). En 1967 aprobou en Barcelona a oposición a notaría, traballou como tal en Pontevedra desde 1987 e trasladouse a Vigo en 2006.[2]
Colabora en varias publicacións sobre temas políticos e literarios. Foi presidente do Ateneo de Vigo e da Asociación Cultural de Vigo.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- A morte de Nancy Reagan; relato curto, na revista Agália nº 14 (1988).
- Beatum Corpus; novela (Ir Indo, 1993). Reeditada por Galaxia (2011). ISBN 978-84-9865-378-6.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Poemas (2023). Medulia. ISBN 978-84-19438-70-6.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Un futuro para a lingua (Xunta de Galicia, 2002).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Mtesis (Fraiás, 1998).
- Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (Litoral das Rías, 2003).
- No Eurídice de nuevo (Trea, 2007).
- La muerte del fauno (Follas Novas, 2011).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "César Cunqueiro". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ "César Cunqueiro González-Seco, notario de Vigo: "Temo el freno del PGOM porque Vigo puede perder inversiones"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-08-08.