Cáchira
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Norte de Santander | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 605,94 km² | ||||
| Altitude | 2.025 m | ||||
| Creación | 1811 | ||||
| Sitio web | cachira-nortedesantander.gov.co | ||||
Cáchira é un concello colombiano, que se localiza no departamento de Norte de Santander. Ten unha superficie de 605,94 km²[1] e 10 970 habitantes (2015).[2] Situado a 2.025 m sobre o nivel do mar, limita ao norte cos municipios de Ábrego e Villa Caro, no sur co departamento de Santander, ao leste con Salazar de las Palmas e Arboledas e ao oeste con La Esperanza. O concello divídese en 2 correxementos e 58 vereas.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome procede supostamente dunha india chamada Cachara, que á chegada dos españois casou cun dos conquistadores. A cidade non se fundou oficialmente ata 1811 e recoñeceuse como municipio en 1897.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información general de Cáchira". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 26 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
