Burkholderia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burkholderia
Colonias de B. pseudomallei en placa de ágar sangue.
Colonias de B. pseudomallei en placa de ágar sangue.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Burkholderiales
Familia: Burkholderiaceae
Xénero: ''Burkholderia''
Especies

Burkholderia acidipaludis
Burkholderia ambifaria
Burkholderia andropogonis
Burkholderia anthina
Burkholderia arboris
Burkholderia bannensis
Burkholderia brasilensis
Burkholderia bryophila
Burkholderia caledonica
Candidatus Burkholderia calva
Burkholderia caribensis
Burkholderia caryophylli
Burkholderia cenocepacia
Burkholderia cepacia
Complexo Burkholderia cepacia
Burkholderia cocovenenans
Burkholderia contaminans
Candidatus Burkholderia crenata
Burkholderia denitrificans
Burkholderia diazotrophica
Burkholderia diffusa
Burkholderia dolosa
Burkholderia endofungorum
Burkholderia ferrariae
Burkholderia fungorum
Burkholderia ginsengisoli
Burkholderia gladioli
Burkholderia glathei
Burkholderia glumae
Burkholderia graminis
Burkholderia grimmiae
Burkholderia heleia
Candidatus Burkholderia hispidae
Burkholderia hospita
Candidatus Burkholderia kirkii
Burkholderia kururiensis
Burkholderia lata
Burkholderia latens
Burkholderia mallei
Candidatus Burkholderia mamillata
Burkholderia megapolitana
Burkholderia metallica
Burkholderia mimosarum
Burkholderia multivorans
Candidatus Burkholderia nigropunctata
Burkholderia nodosa
Burkholderia norimbergensis
Burkholderia oklahomensis
Burkholderia oxyphila
Burkholderia phenazinium
Burkholderia phenoliruptrix
Burkholderia phymatum
Burkholderia phytofirmans
Burkholderia pickettii
Burkholderia plantarii
Burkholderia pseudomallei
Burkholderia pyrrocinia
Burkholderia rhizoxinica
Candidatus Burkholderia rigidae
Burkholderia sabiae
Burkholderia sacchari
Burkholderia sartisoli
Candidatus Burkholderia schumannianae
Burkholderia sediminicola
Burkholderia seminalis
Burkholderia silvatlantica
Burkholderia singaporensis
Burkholderia solanacearum
Burkholderia soli
Burkholderia sordidicola
Burkholderia stabilis
Burkholderia symbiotica
Burkholderia terrae
Burkholderia terricola
Burkholderia thailandensis
Burkholderia tropica
Burkholderia tuberum
Burkholderia ubonensis
Burkholderia unamae
Burkholderia vandii
Candidatus Burkholderia verschuerenii
Burkholderia vietnamiensis
Candidatus Burkholderia virens
Burkholderia xenovorans
Burkholderia zhejiangensis

Burkholderia é un xénero de proteobacterias no que hai algunhas especies patoxénicas como Burkholderia mallei, responsable de producir o mormo, unha doenza que aparece principalmente nos cabalos e outros équidos; Burkholderia pseudomallei, axente causante da melioidose; e Burkholderia cepacia, que é un patóxeno importante que causa infeccións pulmonares en persoas con fibrose quística. Esta última foi modernamente dividida en varias especies. Anteriormente as especies de Burkholderia formaban parte de Pseudomonas.

O xénero Burkholderia está formado por un grupo de especies de bacterias virtualmente ubicuas, gramnegativas, motís, aeróbicas obrigadas e con forma de bacilo. Entre elas hai patóxenos de animais (como os mencionados máis arriba) e de plantas, e algunhas especies importantes no medio ambiente. En particular, B. xenovorans (previamente chamada Pseudomonas cepacia e despois B. cepacia e B. fungorum) é coñecida pola súa capacidade de degradar pesticidas orgánicos e bifenilos policlorados (PCBs).

O uso de especies do xénero Burkholderia en agricultura (para a biodegradación, biocontrol e como rizobacterias que promoven o crecemento das plantas) está suxeito a discusión polos seus posibles efectos patoxénicos en persoas inmunocomprometidas (especialmente nos pacientes de fibrose quística), por exemplo en infeccións contraídas en hospitais. Porén, sábese que as especies patoxénicas animais e as especies de plantas ou do solo pertencen a diferentes grupos, e propúxose separalas en diferentes xéneros para evitar malas interpretacións.[1]

Debido á alta taxa de mortalidade das doenzas asociadas a Burkholderia mallei e Burkholderia pseudomallei e á súa resistencia a antibióticos, estas especies considéranse potenciais axentes de guerra biolóxica, que servirían para atacar ao gando e aos seres humanos, respectivamente.

O xénero recibe o seu nome por Walter H. Burkholder, un patólogo de plantas da Universidade de Cornell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estrada-De Los Santos, P.; Vinuesa, P.; Martínez-Aguilar, L.; Hirsch, A. M.; Caballero-Mellado, J. S. (2013). "Phylogenetic Analysis of Burkholderia Species by Multilocus Sequence Analysis". Current Microbiology 67 (1): 51–60. doi:10.1007/s00284-013-0330-9. PMID 23404651.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]