Burkholderia cenocepacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Burkholderia cenocepacia
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Burkholderiales
Familia: Burkholderiaceae
Xénero: Burkholderia
Especie: 'B. cenocepacia'
Nome binomial
'Burkholderia cenocepacia'
Vandamme et al. 2003

Burkholderia cenocepacia é unha especie de bacterias gramnegativas que é común no medio ambiente e pode causar enfermidades en plantas, aínda que é tamén un patóxeno oportunista que causa infeccións en persoas con fibrose quística e enfermidade granulomatosa crónica, que con frecuencia son mortais. Na fibrose quística, pode causar a chamada "síndrome cepacia", que se caracteriza por unha febre progresiva rápida, broncopneumonía incontrolada, perda de peso, e posible morte.

Orixinalmente, a especie foi definida co nome Burkholderia cepacia, pero despois viuse que esta formaba un grupo que comprendía varios xenomovares e que, finalmente, foi subdividido en varias novas especies,[1] unha das cales é B. cenocepacia. Esta é unha das especies do grupo que están a ser estudadas máis intensamente, porque é a especie dominante nas infeccións en pacientes de fibrose quística.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lipuma J (2005). "Update on the Burkholderia cepacia complex.". Curr Opin Pulm Med 11 (6): 528–33. PMID 16217180. doi:10.1097/01.mcp.0000181475.85187.ed. 
  2. Mahenthiralingam E, Vandamme P (2005). "Taxonomy and pathogenesis of the Burkholderia cepacia complex.". Chron Respir Dis 2 (4): 209–17. PMID 16541604. doi:10.1191/1479972305cd053ra.