Saltar ao contido

Lingua croata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Croata»)
Lingua croata
hrvatski jezik Editar o valor en Wikidata
 Estudado por
Propiedades
 Número de falantes
7000000 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Institución de normalización
Clasificación lingüística
Xeografía
Identificadores
ISO 639-1hr Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2hrv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3hrv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5hrv Editar o valor en Wikidata
IETFhr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX540078
Wikidata C:Commons

O croata[1][2] é unha lingua eslava meridional falada principalmente por croatas en Croacia e rexións próximas. É oficial nos países de Croacia e Bosnia e Hercegovina. É moi próximo ao serbio e os falantes dos dous idiomas enténdense e conséguense comunicar perfectamente.

Escrita e pronuncia

[editar | editar a fonte]

O idioma croata escríbese co alfabeto latino, ao contrario do serbio que é escrito en alfabeto cirílico. Utilízanse dous sinais diacríticos: o acento agudo, sempre sobre a letra "c", que indica palatalización fraca, e a braquia (circunflexo invertido), sobre as sibilantes "s", "c" e "z", que indican palatalización forte. Para as demais letras, a palatalización indícase por medio da letra "j", nos dígrafos "nj" e "lj".

É importante resaltar que, diferentemente das linguas latinas en que en que os sinais diacríticos se consideran xeralmente meros modificadores de letras existentes, no caso do croata representan letras diferentes e, como tales, fan parte do alfabeto.

A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ
Dž dž E e F f G g H h I i J j
K k L l Lj lj M m N n Nj nj O o
P p R r S s Š š T t U u V v
Z z Ž ž (i+e=ie) (r+r=ŕ)

Preséntase a seguir unha táboa co alfabeto croata e as súas respectivas pronuncias:

Alfabeto croata (Abeceda hrvatskog jezika) - Escrita e pronuncia
A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ Dž dž E e F f
"a" "b" "ts" "ch" (forte) "ch" (fraco) "d" "dx" (fraco) "dx" (forte) "e" "f"
G g H h I i J j K k L l Lj lj M m N n Nj nj
"g" "rr" "i" "i" semivogal "c" "l" "ll" "m" "n" "ñ"
O o P p R r S s Š š T t U u V v Z z Ž ž
"o" "p" "r" tremido "s" "x galego" "t" "u" "v" "z" "j"

Gramática

[editar | editar a fonte]

Así como as demais linguas eslavas, o croata é un idioma declinativo, isto é, a función sintáctica das palabras é expresada por medio das desinencias das palabras. Son sete casos en total: nominativo (suxeito), xenitivo, dativo (obxecto indirecto), vocativo, instrumental (instrumento), acusativo (obxecto directo) e locativo.

Algunhas frases

[editar | editar a fonte]
  • Dobro jutro! - Bo día!
  • Dobar dan! - Boa tarde!
  • Dobra večer! - Boa noite!
  • Ne govorim hrvatski! - Eu non falo croata!
  • Koliko to košta? - Canto custa iso?
  • Zbogom! - Adeus!
  • Bog! - Abur!
  • Do viđenja! - Ata a vista!
  • Hvala lijepo! - Grazas!
  • Nema na čemu! - De nada!
  • Oprosti! - Desculpe!

Numerais:

  • 1 - jedan
  • 2 - dva
  • 3 - tri
  • 4 - četiri
  • 5 - pet
  • 6 - šest
  • 7 - sedam
  • 8 - osam
  • 9 - devet
  • 10 - deset
  1. "croata". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  2. Entrada croata en Digalego

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.