Broken Sword: The Sleeping Dragon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Desenvolvedor(es) Revolution Software
Distribuidora(s) THQ
The Adventure Company
Marvelous Entertainment
Director(es) Charles Cecil
Produtor(es) Mike Gamble
Steve Ince
Deseñador(es) Steve Ince (lead)
Charles Cecil
Ross Hartshorn
Jonathan Howard
Dale Strachan
Tony Warriner
Artista(s) Sucha Singh (lead)
Jason Haddington
Michael Montecchio
Emanuele Salvucci
Gurmita Singh
John Stopforth
Compositor(es) Ben McCullough
Motor RenderWare
Lanzamento 2003
Xénero Aventuras
Modos de xogo Un xogador
Clasificación PEGI Newpegi 12.svg
ESRB ESRB 2013 Teen.svg
USK USK6 neu2.svg
Plataforma(s) Microsoft Windows, Xbox, PlayStation 2
Serie Broken Sword

Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror. The Sleeping Dragon supuxo un avance cara os gráficos 3D, e é o único xogo da serie que non emprega unha interface point and click. O xogador asume o papel de George Stobbart, un avogado de patentes estadounidense que voa até o Congo para escribir a patente para un científico que di ter atopado a fonte dunha enerxía ilimitada.

A idea orixe do xogo apareceu en 2000. Para facer que o xogo parecese un filme, Revolution contou cun asesor cinemático, Bob Keen, que se asegurou que o xogo mantivese as emocións e a atmosfera axeitadas en cada escena. Orixinalmente ía ter un estilo visual máis semellante ós debuxos animados, pero os desenvolvedores decidiron darlle un estilo máis semellante ó dos filmes animados xaponeses. Malia que os dous primeiros xogos de Broken Sword empregaban motores Virtual Theatre, The Sleeping Dragon foi construído con RenderWare. A música do xogo foi coposta por Ben McCullough, e Rolf Saxon volveu dar voz a George Stobbart.

O xogo recibiu críticas positivas, sendo loado pola súa historia, o seu humor, o seu aspecto cinematográfico e os seus gráficos. A música do xogo tamén foi loada. As críticas negativas centráronse no control da interface e nos crebacabezas repetitivos. Segundo Charles Cecil, o xogo vendeu uns poucos milleiros de copias.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cecil, Charles (28 de maio de 2011). Adventure-Treff.de, ed. "Adventure-Treff: Charles Cecil on "Broken Sword" sales". Consultado o 9 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]