Saltar ao contido

Breda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBreda
Imaxe

HimnoDe Paarse Heide (en) Traducir (26 de setembro de 1991) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°35′20″N 4°46′33″L / 51.5889, 4.7758
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasBrabante do Norte
ConcelloBreda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Breda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación183.456 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.425,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie128,68 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,05 % Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
1577 (Gregoriano)Siege of Bréda (en) Traducir
26 de xullo de 1581 (Gregoriano)Capture of Breda of 1581 (en) Traducir
4 de marzo de 1590Capture of Breda of 1590 (en) Traducir
1624Cerco de Breda
1637Siege of Breda (en) Traducir
27 de febreiro de 1793Siege of Breda (en) Traducir
19 de decembro de 1813Siege of Breda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4800–4841, 4847 e 4850–4854 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico076 Editar o valor en Wikidata
Código BAG3622 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbreda.nl Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460096

Breda é unha cidade neerlandesa localizada na provincia de Brabante do Norte. Tiña 171.946 habitantes a 31 de decembro de 2008. Nela conflúen os ríos Mark e Aa.

Breda

Breda foi un feudo da Casa de Brabante dende o século XII até o ano 1404, no que pasou a mans da Casa de Nassau.

Foi conquistada polos españois no ano 1581, en tempos do reinado de Filipe II, e en 1590 foi reconquistada polos neerlandeses. Estes mantiveron o control sobre a cidade até 1625, cando as forzas españolas obtiveron a súa capitulación. Este evento foi recollido por Velázquez na súa pintura sobre tea A rendición de Breda. Os neerlandeses recuperárona de novo en 1637.

Núcleos de poboación do concello de Breda

[editar | editar a fonte]
  • Breda (cidade) (arredor de 170.000)
    • Ginneken (antiga vila absolvida pola aglomeración urbana)
    • Princenhage (antiga vila absolvida pola aglomeración urbana)
  • Prinsenbeek (arredor de 11.500) (engadida ao concello en 1997)
  • Bavel (arredor de 7.000) (engadida ao concello en 1997)
  • Teteringen (arredor de 6,500) (engadida ao concello en 1997)
  • Ulvenhout (arredor de 4,700) (engadida ao concello en 1997)

Administración

[editar | editar a fonte]
Grote Kerk (A Igrexa Grande).

A cidade de Breda está dividida en 7 sectores urbanos:

  1. Breda Centrum (Centro)
  2. Breda West (Oeste)
  3. Breda Noord-West (Haagse Beemden) (Noroeste)
  4. Breda Noord ( Norte)
  5. Breda Oost (Leste)
  6. Breda Zuid-Oost (Sueste)
  7. Breda Zuid (Sur)

Economía

[editar | editar a fonte]

As actividades económicas son principalmente industriais. Breda é un centro da industria da comida e da bebida. Empresas como Hero (de limoada), Van Melle (Mentos ao), De Faam (lambetadas) ou Kwatta (chocolate) eran famosas en toda Europa occidental. En Breda tamén había unha fábrica de azucre. Breda tamén albergaba á maior fábrica de cervexa dos Países Baixos (Oranjeboom). Interbrew, a propietaria belga da cervexaría, pechou a fábrica en 2004. Porén, a diminución da actividade industrial non danou á economía da cidade, sendo agora as principais actividades económicas os negocios e o comercio. Cando a nova estación central estea construída ao redor de 2011, Breda estará conectada con trens de alta velocidade ás principais cidades europeas.

Lugares para visitar

[editar | editar a fonte]
Unha beguina flamenga ou Begijnhof

O centro da cidade de Breda contén fermosos edificios antigos e singels (fosos), ademais podemos atopar nesa zona as principais tendas e un centro comercial. A cidade é tamén fogar dun museo dedicado ao Xeneral Stanisław Maczek e un cemiterio militar polaco, onde o Xeneral Maczek está soterrado.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Breda posúe dúas estacións de ferrocarrís, Breda e Breda-Prinsenbeek, que ofrecen conexións con Holanda Meridional (Dordrecht - Rotterdam - A Haia) e Tilburg - Eindhoven, e da estación de Breda a Roosendaal tamén con conexión a Vlissingen e Anveres. Ademais, tamén os trens cara ao norte de Breda a Ámsterdam e deste a Dean Bosch - Nijmegen.

Ademais, de 2009 en diante haberá unha lanzadeira de alta velocidade con conexións con Rotterdam - A Haia e Ámsterdan, ademais de Anveres - Bruxelas, na liña HSL-Zuid.

Breda acolle aos seguintes museos:

  • Museo de Breda
  • Museo de Begijnhof Breda
  • Museo do Xeneral Maczek
  • Museo Bier Reclame
  • Museo de Deseño Gráfico
  • NAC Museum
  • Heemkundig Museum Paulus van Daesdonck
  • Lucifer Museum Latent
  • Museo Oorlog & Vrede
  • Centrum voor Handwerken - HCH
  • Museo Stichting Princenhaags
  • Lokaal 01

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Polonia Wrocław (Polonia)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]