Breaking Dawn
| Breaking Dawn | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Forma artística
| |||||||||||
|
Lingua
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Autor/a
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Universo ficticio
| |||||||||||
|
Personaxes
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Editorial
| |||||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||||
|
Edicións
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Breaking Dawn (en galego, Abrente ou Amencer[1]) é a cuarta e última novela da serie de vampiros e romance xuvenil Twilight de Stephenie Meyer. Divídese en tres libros ou seccións, o primeiro e o terceiro están contados desde a perspectiva de Bella Swan e o segundo desde a de Jacob Black, o lobishome amigo de Bella. Segundo a autora a obra está inspirada nas obras O soño dunha noite de San Xoán e O mercador de Venecia, ambas pezas de Shakespeare.
Breaking Dawn publicouse o 2 de agosto de 2008 nos Estados Unidos de América, cunha tiraxe inicial de 3,7 millóns de exemplares. Moitas librerías e centros comerciais abriron expresamente ese día toda a noite, vendendo 1,3 millóns de exemplares nas primeiras 24 horas, unha marca nunca conseguida pola editorial Hachette Book Group USA.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén podería ser calquera dos seus sinónimos: Alba, Albor, Alborada, Amañecer, Aurora ou Rompente; o título do libro refírese ao momento do día no que comeza a clarexar, cando a escuridade rompe.