Braunau am Inn
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Austria | ||||
| Estados | Alta Austria - Oberösterreich | ||||
| Distrito | Braunau am Inn (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 17.095 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 24,84 km² | ||||
| Bañado por | Río Inn | ||||
| Altitude | 352 m | ||||
| Comparte fronteira con | Simbach am Inn (pt) Neukirchen an der Enknach (pt) Schwand im Innkreis (pt) Burgkirchen (pt) Kirchdorf am Inn (pt) Sankt Peter am Hart (pt) Überackern (pt) | ||||
| Creación | 810 | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | Alianza Climática (1996–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 5280, 5283 e 5289 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 07722 | ||||
| Código municipal austríaco | 40404 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | braunau.at | ||||
Braunau am Inn é unha pequena cidade austríaca, do estado de Alta Austria e que se atopa na fronteira con Alemaña á beira do río Inn. No outro lado do río fica a cidade alemá de Simbach am Inn. A cidade encóntrase a 60 km ao norte de Salzburgo e conta cuns 16.360 habitantes.
Cidade natal de Adolf Hitler
[editar | editar a fonte]O 20 de abril de 1889 naceu Adolf Hitler nesta poboación. A que fora a súa casa natal, é actualmente un lugar para a rehabilitación de cativos con problemas mentais. A rocha que se sitúa fronte á casa, trouxérona dende Mauthausen, un campo de concentración próximo, en protesta polo nazismo, e en 1989, o alcalde Gerhard Skiba erixiu un monumento contra a guerra e o fascismo diante da mesma.
A asociación pola historia contemporánea organiza dende 1992 os “Días da historia contemporánea de Braunau” (Braunauer Zeitgeschichte-Tage), e dende o 1998, o Servizo Austríaco da Memoria (Österreichischer Gedenkdienst) celebra reunións en Braunau. No 2000, o xornal local Braunauer Rundschau iniciou a recollida de firmas Braunau setzt ein Zeichen (Braunau fai un sinal).
O 16 de abril de 1927 naceu o papa Bieito XVI no lugar de Marktl am Inn, que queda a poucos quilómetros de Branau mesmo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Adolf Hitler, ditador (1889 - 1945)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Braunau am Inn |
- Páxina oficial da cidade
- Información sobre a cidadeArquivado 21 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
