Braulio González Pasantino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 19 de setembro de 1936 ![]() Cans, España ![]() |
Causa da morte | paseo, tortura ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, político ![]() |
![]() |
Braulio González Pasantino, coñecido como Zapatero, nado en Santiago de Compostela cara a 1902 e finado en Cans (O Porriño) o 19 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do gaiteiro compostelán Antonio González Silva. Zapateiro de profesión. Residente en Redondela. Comunista e afiliado á Casa do Pobo de Redondela. Dedicábase á fotografía, percorrendo vilas e parroquias da contorna. Nas eleccións de febreiro de 1936, logo de que un grupo de falanxistas quixesen romper as urnas e por iso seren detidos, Braulio tirou fotografías dos membros do grupo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, integróuse no comité da Fronte Popular e participou na requisa de armas nas parroquias de Saxamonde e Quintela. Logo fuxiu ao monte e estivo refuxiado nun palleiro en Vilavella e no faiado da súa casa. Foi detido e torturado. Barbaramente mutilado, foi asasinado na parroquia de Cans, camiño de Ponteareas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 293–295. ISBN 84-8485-090-0.
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 160–161. ISBN 978-84-8341-157-5.