Braulio González Pasantino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Braulio González Pasantín»)
Infotaula de personaBraulio González Pasantino
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Cans, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Braulio González Pasantino, coñecido como Zapatero, nado en Santiago de Compostela cara a 1902 e finado en Cans (O Porriño) o 19 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do gaiteiro compostelán Antonio González Silva. Zapateiro de profesión. Residente en Redondela. Comunista e afiliado á Casa do Pobo de Redondela. Dedicábase á fotografía, percorrendo vilas e parroquias da contorna. Nas eleccións de febreiro de 1936, logo de que un grupo de falanxistas quixesen romper as urnas e por iso seren detidos, Braulio tirou fotografías dos membros do grupo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, integróuse no comité da Fronte Popular e participou na requisa de armas nas parroquias de Saxamonde e Quintela. Logo fuxiu ao monte e estivo refuxiado nun palleiro en Vilavella e no faiado da súa casa. Foi detido e torturado. Barbaramente mutilado, foi asasinado na parroquia de Cans, camiño de Ponteareas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]