Braña (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Braña
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Braña é unha revista científica galega, boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, creada en 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nun primeiro intre pensouse en chamala Fisterra, pero elixiuse o seu nome entre catro propostas, que tiñan en común ser nomes de dúas sílabas e de cinco letras: Braña, Campa, Furna e Lubre. Naceu como primeira revista de investigación en galego e que tiña como alicerce “o estudo sistemático da realidade galega”, pois “sábese que un bo coñecemento do medio pode ser alicerce seguro pró desenvolvemento socio-económico do País”.

A súa intención é acoller todos aqueles traballos que, dentro dunha axeitada dignidade metodolóxica, tivesen o medio natural galego como o seu obxectivo principal. A súa temática céntrase no medio natural, os xacementos xeolóxicos, o mundo vexetal, o mundo mariño, os minerais etc.

Publicouse nos anos 1977 (nos 1 e 2), 1978 (nos 1 e 2), 1979 (nos 1 e 2), 1980 (nos 1 e 2), n º 1981 (monográfico I Congreso Mamíferos Mariños), 1989 (monográfico I Congreso Galaico-Luso de Macromicoloxía), 1994 e 1966 como números con artigos diversos e en 2006 e 2010 con monográficos sobre os censos de aves acuáticas invernantes en Galicia. Dende 2013 edítase en formato dixital e imprímese ó remate de cada ano.

Os seus directores foron Francisco Díaz-Fierros (1977-1979), Marisa Castro Cerceda e Luis Freire García (1989), Xoán Rodríguez Silvar (1994-1996), Serafín González Prieto e Bernardo Carrión Velasco (1996-2001), Xosé Lois Rey Muñiz e Serafín González Prieto (2010) e Xosé Lois Rey Muñiz e Álvaro María Rodríguez Pomares (desde 2013).

Consello de redacción[editar | editar a fonte]

Nos seus Consellos de redacción figuraron destacados científicos galegos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]