Botrite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Botryotinia»)

A botrite[1] (Botryotinia) é o nome común dun xénero de fungoss ascomicetes que produce varias doenzas vexetais. A maioría das formas anamórficas de Botryotinia inclúense no xénero de fungos imperfectos Botrytis. O xénero inclúe 22 especies e mais un híbrido.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Representación artística dun conidióforo de botrite ao microscopio

A reprodución sexual lévase a cabo mediante ascosporas producidas en apotecios, mentres que unha forma de reprodución asexual é mediante conidios. É típica a formación de esclerocios de forma plano-convexoide.

Patóxeno[editar | editar a fonte]

As enfermidades causadas polas especies de Botryotinia aparecen de forma primaria como unha praga das flores e podremia dos fruoitos ademais de tachas nas follas e bulbos podres no campo e en produtos almacenados. O fungo induce morte celular do hospedador e un decaemento progresivo do tecido infectado da planta, de onde o fungo toma os seus nutrientes.

Especies[editar | editar a fonte]

Botryotinia fuckeliana (ou Botrytis cinerea) é unha especie importante para a industria vinícola e para a horticultura. Outras especies economicamente importantes inclúen Botryotinia convoluta (a especie tipo do xénero), Botryotinia polyblastis, Botrytis allii e Botrytis fabae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego n'Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988

Véxase tamén[editar | editar a fonte]