Botkyrka
| Botkyrka kommun (sv) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Estocolmo | ||||
| Capital | Tumba | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 96.450 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 222,27 km² | ||||
| Altitude | 36 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Botkyrka Rural Municipality (en) | ||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Sucedido por | concello de Salem | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Botkyrka Municipality, Sweden (en) | Ebba Östlin | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | botkyrka.se | ||||
Botkyrka é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Tumba. O concello está situado na peníncula de Södertörn en Södermanland co lago Mälaren ao norte e o mar Báltico (as baías de Mörkarfjärden, Himmerfjärden e Järnafjärden) ao suroeste. O municipio de Botkyrka limita ao norte co concello de Ekerö, ao nordés co de Huddinge, ao sueste co de Haninge, ao sur co de Nynäshamn e ao oeste cos de Södertälje e Salem, todos eles no condado de Estocolmo.
A meirande parte da poboación activa traballa fóra do municipio, pero a poboación que traballa no concello faino principalmente no sector servizos. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 95 905 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Botkyrka e Grödinge. Nesas dúas parroquias formáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
O 28 de outubro de 1904 estableceuse a localidade municipal de Tumba que se disolveu a finais do ano 1956.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.
O actual concello de Botkyrka naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Botkyrka e Grödinge. En 1974 incorporouse o municipio de Salem, pero este separaríase en 1983 para converterse nun concello de seu.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Botkyrka está na illa de Södertörn, na provincia histórica de Södermanland, e limita cos municipios de Huddinge, Södertälje, Salem, Haninge, Nynäshamn e Ekerö.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O lago Mälar ten dous afluentes meridionais, o Albysjön e o Tullingesjön. O primeiro atópase na fronteira co concello de Huddinge mentres que o segundo está nas aforas de Tullinge. O norte do concello está dominado por áreas urbanizadas, mentres que a parte sur ten moitos bosques e prados. No extremo sur, o municipio tamén ten acceso ao mar a través da baía de Grödingeviken, que é parte do mar Báltico.
Entre os lagos atópanse os de Albysjön, Sjön Aspen, Bornsjön, Tullingesjön e Uttran.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
