Botkyrka
Coordenadas: 59°12′N 17°49′L / 59.200, -17.817
Municipio de Botkyrka Botkyrka kommun | |
Grödingevägen en Tumba | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Södermanland |
Condado | Estocolmo |
Capital | Tumba |
Área e poboación | |
Poboación | 95 184 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 222,27 km² |
Densidade | 490,49 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | botkyrka.se |
Botkyrka é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Tumba. O concello está situado na peníncula de Södertörn en Södermanland co lago Mälaren ao norte e o mar Báltico (as baías de Mörkarfjärden, Himmerfjärden e Järnafjärden) ao suroeste. O municipio de Botkyrka limita ao norte co concello de Ekerö, ao nordés co de Huddinge, ao sueste co de Haninge, ao sur co de Nynäshamn e ao oeste cos de Södertälje e Salem, todos eles no condado de Estocolmo.
A meirande parte da poboación activa traballa fóra do municipio, pero a poboación que traballa no concello faino principalmente no sector servizos. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 95 184 habitantes.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.