Saltar ao contido

Boom Beach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boom Beach
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de estratexia e videoxogo multixogador masivo en liña Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo multixogador Editar o valor en Wikidata
Autoría
DesenvolvedorSupercell (empresa) Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeFinlandia Editar o valor en Wikidata
EditorialSupercell (empresa) Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aApp Store e Google Play Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndistribución dixital e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
Sistema operativoAndroid e iOS Editar o valor en Wikidata
PlataformaiOS e Android Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación USK
Contacto
Páxina WEBboombeach.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt7053636 Facebook: BoomBeach Twitter: BoomBeach Instagram: boombeach Youtube: UC3Xzm_n7d0jy726uHsTX7yA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Boom Beach[1] é un videoxogo de estratexia móbil para os sistemas iOS e Android, desenvolvido por Supercell. Foi lanzado[2] de maneira limitada no Canadá o 11 de novembro de 2013 e aberto para o público[3] o 26 de marzo de 2014[4].

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]

Boom Beach[5] é un xogo de estratexia que combina ataques contra outros xogadores e ataques contra bases xeradas automaticamente polo xogo. O xogo desenvólvese nun arquipélago tropical co xogador nunha illa con defensas e tropas (similar ao estilo de Clash of Clans).

Os xogadores poden construír a súa base, mellorar e desbloquear as súas defensas e edificios. Boom Beach combina campañas dun xogador individual coa capacidade de atacar outros xogadores no modo multixogador no mesmo mapa. Boom Beach ha estado no top 10 de xogos en 22 países desde o seu lanzamento. O xogo enfronta o xogador contra un inimigo coñecido como "A Guardia Escura" quen son a miúdo representados por un militar de alto rango chamado "Hammerman".

Ademais do aspecto principal do xogo, hai tamén un modo cooperativo onde os xogadores reúnen "Información Militar" (sobrevivindo ou ordenando ataques) que é usada, para logo atacar bases xeradas polo sistema en Ataques de Forza Operativa.

En Boom Beach o xogador necesita recolectar recursos como ouro, madeira, pedra, e en niveis máis altos, ferro; para mellorar e construír tropas e edificios. O xogo tamén utiliza unha moeda especial: os diamantes. Os diamantes poden ser outorgados despois de haber logrado certos obxectivos o como recompensas a eventos especiais, pero a maneira principal de adquirir os diamantes é mercándoos utilizando diñeiro real. Os diamantes tamén poden ser adquiridos facendo clic nas caixas de tesouro cando aparecen de maneira aleatoria no mapa. Os diamantes poden ser utilizados para axilizar cada aspecto do xogo (excepto nas operacións co submarino); desde tempo de construción de edificios e estatuas, ata a creación de tropas e melloras na Armería. Tamén se poden usar para comprar máis ouro, madeira, pedra o ferro. O único que non se pode comprar con diamantes é Información Militar e as Pedras do Poder que poden ser utilizadas para mellorar varios aspectos do xogo como a vida das tropas o dos edificios, produción de recursos entre outros.

Recepción

[editar | editar a fonte]
Puntuacións de críticas
Publicación Cualificación
Metacritic 69/100[6]
Pocket Gamer 4/5 estrelas[7]
IGN 7/10[8]

Na Google Play ten unha recepción[9] de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción[10] de 4,6 sobre 5.

  1. "Boom Beach é o clon de Clash of Clans". Pocket Gamer (en inglés). 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  2. "Supercell lanza Boom Beach". IGN (en inglés). 27 de marzo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  3. "O novo título de Supercell está gañando aos xogadores". Helsinki Times (en inglés). 29 de marzo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  4. "O desenvolvedor de Clash of Clans lanza Boom Beach". ShackNews (en inglés). 27 de marzo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  5. "Boom Beach é parecido a Clash of Clans". Pocket Gamer (en inglés). 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  6. "Boom Beach (iOS)". Metacritic (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  7. "Análise de Boom Beach". Pocket Gamer (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  8. "Análise de Boom Beach". IGN (en inglés). 16 de abril de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  9. "Boom Beach na Google Play". Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  10. "Boom Beach na App Store". Consultado o 11 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]