Bonnybridge
Coordenadas: 55°59′56″N 3°53′13″O / 55.999, -3.887
Bonnybridge (en escocés Bonniebrig) é unha pequena vila de Escocia, pertencente ao concello de Falkirk.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situado a uns 6,5 km ao oeste da vila de Falkirk en dirección a Edimburgo, entre o río Bonny (que lle dá nome) e o canal do Forth e do Clyde. Ten unha poboación de 6.780 habitantes conforme o censo de 2001[1], pero que chegan a superar os vinte milleiros na súa zona de influencia. Está situado na liña de camiño de ferro entre Glasgow e Edimburgo.
Historia[editar | editar a fonte]
Bonnybridge está situada na estrema o límite de máxima expansión do Imperio Romano e a poucos quilómetros do seu núcleo cruza o muro de Antonino, a muralla que sinalaba a fronteira norte de Roma, e do que se gardan algúns dos restos mellor conservados precisamente nas proximidades de Bonnybridge. Polo demais, e como a maior parte dos núcleos da Terra Baixa escocesa, Bonnybridge coñeceu unha grande expansión nos tempos da Revolución Industrial, con muíños de papel, aserradoiros, fábricas de produtos químicos, cerámicas de ladrillos e destilerías de whisky, pero particularmente algunhas fundicións de ferro. O canal do Forth e do Clyde permitía distribuír estes produtos por toda o sur de Escocia, e mais levalos a Glasgow para a súa exportación.
Servizos[editar | editar a fonte]
Hai tres escolas de primaria en Bonnybridge.
Cultura popular[editar | editar a fonte]
A vila industrial de Bonnybridge é coñecida polo gran número de avistamentos de ovni. Situada no que se deu en chamar o triángulo de Falkirk, moita xente sinalou ter visto obxectos luminosos no ceo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 04 de marzo de 2008.
- ↑ Ministry of Defence releases secret files on UFOs, BBC, 04.03.08