Bloque dos Refuxiados e Expatriados
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Bloque dos Refuxiados e Expatriados | |
---|---|
Acrónimo | GB/BHE |
Tipo | political party in Germany |
Ideoloxía | conservadorismo nacionalista |
Data de fundación | 8 de xaneiro de 1950 |
Data de disolución | 15 de abril de 1961 |
Presidente/a | |
Nº de membros | 165.000 (1954) |
País | Alemaña |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Bloque dos Refuxiados e Expatriados (en alemán: Block der Heimatvertriebenen und Entrechteten, BHE) foi un partido político alemán que se fundou en 1950 para representar os intereses dos alemáns expulsados dos países do leste despois da derrota alemá na segunda guerra mundial. Nas eleccións de 1953 obtivo o 5.9% dos votos e 27 escanos no Bundestag e participou no goberno de Konrad Adenauer con dous ministros, en setembro de 1955 os dous ministros e cinco deputados máis pasan á CDU e o BHE pasa á oposición. Nas eleccións de 1957 obtivo o 4.7% dos votos e quedou fóra do Bundestag. En 1961 uniuse co Partido Alemán para formar o Partido Panalemán. Ideoloxicamente, aínda que a nivel local, pactou tanto co SPD como coa CDU, o partido era conservador e unha parte dos seus cadros dirixentes proviñan do Partido Nazi como os seus dous ministros.