Black Mischief

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Black Mischief
Autor/aEvelyn Waugh
OrixeInglaterra
LinguaLingua inglesa
Xénero(s)Novela
EditorialChapman and Hall
Data de pub.1932

Black Mischief é unha novela en lingua inglesa de Evelyn Waugh, publicada en 1932. Foi escrita mentres estaba como invitado na Madresfield Court de Worcestershire. É a súa terceira novela, e impulsou a súa reputación como autor satírico.

Trama[editar | editar a fonte]

A novela narra os esforzos do emperador Seth por modernizar o seu imperio, a ficticia illa africana de Azania, situada na costa do océano Índico. Logo de ser proclamado emperador trala morte da súa nai, gaña unha guerra civil e nomea un goberno. Establece relacións coas diferentes igrexas e legacións diplomáticas establecidas na capital.

O emperador, licenciado na Universidade de Oxford, quere por todos os medios levar ao seu país, baseado nunha economía primaria e tribal, a modernidade do primeiro mundo. Para isto vese axudado por Basil Seal, un compañeiro da facultade, que traballa xunto a Krikor Yokoumian, un emprendedor de orixe armenia. Retómase a construción dunha liña de ferrocarril, planifícase a educación e créase un programa de control de natalidade.

O cónsul francés Ballon planea un golpe de estado xunto a varios líderes relixiosos. Durante unha festa nacional depoñen ao emperador e nomean no seu lugar ao seu tío Achon, un ancián cego. A vila sofre saqueos e desbandadas no exército. Porén, Achon morre durante a coroación, e Seth foxe ao rural.

Ao ficar a monarquía sen líder, a Liga das Nacións nomea o estado como un protectorado conxunto do Reino Unido e Francia.

Ficción e realidade[editar | editar a fonte]

En base ao contexto xeográfico e histórico, relacionouse a novela con Abisinia e Haile Selassie. Porén, o propio autor negou esta relación.