Bixente Serrano Izko
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rufino Vicente Serrano Izco 22 de xaneiro de 1948 Sarasa, España (en) |
Morte | 4 de xuño de 2020 (72 anos) Pamplona, España |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xuño de 2015 – 27 de outubro de 2015 ← Uxue Barkos Berruezo Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor, político |
Partido político | Euskal Iraultzarako Alderdia Nafarroa Bai Auzolan Euskadiko Ezkerra Geroa Bai |
Membro de | |
Outro | |
Condenado por | Secuestro (1973) |
Cronoloxía | |
1977 | Amnistía |
Rufino Vicente Serrano Izco, máis coñecido como Bixente Serrano Izko, nado en Sarasa, Iza, Navarra o 22 de xaneiro de 1948 e finado o 4 de xuño de 2020, foi un historiador e político relacionado co nacionalismo vasco.[1]
En 1974, foi condenado a prisión polos tribunais militares franquistas por un delito de secuestro actuando como membro de ETA. Finalizada a ditadura a súa condena foi extinguida en virtude da amnistía de 1977 e incorporouse á actividade política democrática participando en diversas formacións como Euskadiko Ezkerra e Auzolan en Navarra. En 2015 foi deputado no Congreso español por Geroa Bai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a ditadura
[editar | editar a fonte]Debido ás súas conviccións políticas, foi deportado durante o estado de excepción de 1969 e a comezos dos anos 1970 comezou a contactar con ETA. Licenciouse en Historia pola Universidade de Navarra en 1972.[2]
Foi acusado de participar no secuestro do industrial navarro Felipe Huarte por parte de ETA a comezos de 1973, polo que pasou á clandestinidade e foi xulgado en rebeldía. En setembro dese ano foi detido en Tolosa, sendo xulgado por un Consello de Guerra franquista que lo condenou a 42 anos e 6 meses de prisión en xullo de 1974. Foi un dos organizadores da masiva fuga de Segovia (29 presos, na súa maioría de ETA) o 5 de abril de 1976, aínda que foi detido pouco despois, co groso do grupo, en Auritz, preto da fronteira con Francia. Estivo internado nos cárceres de Martutene, Burgos, Soria, Segovia e Cartaxena.[1][1][2][2]
Transición e democracia
[editar | editar a fonte]En virtude do disposto pola amnistía de 1977 extinguiuse a súa responsabilidade criminal e abandonou a prisión, incorporándose activamente á política democrática e ingresando en EIA, que, coa incorporación do Partido Comunista de Euskadi en marzo de 1982, transformouse en Euskadiko Ezkerra, formación da que foi secretario en Navarra. Porén, dimitiu en novembro dese mesmo ano debido ás súas diferenzas co secretario xeral, Mario Onaindia, xa que Serrano Izko encabezaba unha corrente crítica, Nova Esquerda, oposta ás formulacións políticas defendidos pola dirección do partido. Pouco despois abandonou o partido, xunto coa maior parte dos membros de dita corrente, para crear con outros grupos de esquerda a coalición Auzolan, da que foi membro até 1986.[2][3][4]
Tralo fracaso electoral de Auzolan, abandonou a política e traballou como profesor de historia en éuscaro nun instituto de ensino medio de Pamplona até a súa xubilación, publicando libros e escribindo artigos sobre historia no diario Egunkaria. Tamén foi membro do Consello Social da Universidade Pública de Navarra.
Posteriormente, foi candidato ó Senado pola coalición Nafarroa Bai nas eleccións xerais de España de 2004 e 2008 e número dous das listas de Geroa Bai ó Congreso dos Deputados nas eleccións de 2011. Por este motivo, en xuño de 2015 substituíu a Uxue Barkos no Congreso cando esta abandonou o cargo para entrar no Parlamento de Navarra.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Santander: Consejo de Guerra contra los presuntos secuestradores de don Felipe Huarte".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ceberio, Jesús. "Amnistiados los implicados en el secuestro de Huarte".
- ↑ "Dimite el secretario de Euskadiko Ezkerra en Navarra por discrepar con la línea del partido".
- ↑ "Euskadiko Ezkerra". Gran Enciclopedia Navarra.
- ↑ "Barkos encabeza las listas de Geroa Bai con la meta de llevar a las Cortes la voz navarra abertzale y de izquierdas". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ "Bixente Serrano Izko sustituye a Barkos en el Congreso y Sanz Carramiñana a Chivite en el Senado". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2019.