Arquidiocese católica latina de Pamplona e Tudela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bispo de Pamplona»)
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Pamplona e Tudela
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°49′N 1°38′O / 42.82, -1.64Coordenadas: 42°49′N 1°38′O / 42.82, -1.64
Poboación
Poboación653.846 (2019) Editar o valor em Wikidata (62,74 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie10.421 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación11 de agosto de 1984 Editar o valor em Wikidata
CatedralCatedral de Santa María da Asunción de Pamplona
Catedral de Santa María de Tudela Editar o valor em Wikidata

Páxina webiglesianavarra.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: iglesianavarra Editar o valor em Wikidata

A arquidiocese de Pamplona e Tudela (en latín: Archidiœcesis Pampilonensis et Tudelensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, erixida no século V como diocese de Pamplona. En 1956 a diocese de Pamplona foi elevada a arquidiocese, coas dioceses sufragáneas de San Sebastián, Calahorra e Jaca. En 1984 uniuse á diocese de Tudela.

Territorio[editar | editar a fonte]

O territorio da arquidiocese abrangue a comunidade foral de Navarra. A arquidiocese limita coas diocese de Vitoria ao oeste, Baiona ao norte, Jaca ao leste, Tarazona ao sur, Donostia ao noroeste, Calahorra e La Calzada-Logroño ao suroeste, e coa arquidiocese de Zaragoza ao sueste. O territorio da arquidiocese ten unha extensión de 10.421 km², e está organizado en 737 parroquias.

A sé arcebispal é a cidade de Pamplona, onde está a catedral de Santa María da Asunción. En Tudela está a catedral de Santa María.

Notas[editar | editar a fonte]