Catedral de Santa María de Tudela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°03′49″N 1°36′19″O / 42.06361, -1.60528

Catedral de Tudela

A catedral de Santa María la Mayor é un templo tardorrománico cisterciense de grandes dimensións[1] da cidade de Tudela, en Navarra.

A súa construción comezou a finais do século XII durante o reinado de Sancho VI o Sabio, pasando a testemuña ao seu fillo Sancho VII o Forte, que á súa vez o pasou ao seu sobriño Teobaldo I. Utilizou algúns dos alicerces da Mesquita Maior de Tudela (séculos IX a XI). Como as orientacións dos dous templos non coincidían, a mesquita foi destruída para edificar o novo templo e só se aproveitaron algúns dos seus alicerces. Agora sitúase entre as actuais plaza Vieja e as rúas Roso, Portal e Horno Higuera da Zona Vella de Tudela.

Inicialmente serviu como colexiata, pasando a ser catedral cando no século XVIII Tudela se segregou da diocese da veciña Tarazona. Foi elevada á dignidade de catedral por Pío VI, a instancias de Carlos III, no século XVIII.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Gainza, M.A., Heredia Moreno, M.C., Rivas Carmona, J. y Orbe Sivatte, M. (1980). Merindad de Tudela. En: Catalogo Monumental de Navarra, Ed. Institución Príncipe de Viana, Arcebispado de Pamplona, Universidade de Navarra, vol. I, 492 pp., 723 láminas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]