Bilbao Exhibition Centre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do Bilbao Exhibition Centre.

Bilbao Exhibition Centre (BEC) é a sede da Feira de Mostras de Bilbao. As súas instalacións están situadas nos terreos antes ocupados pola empresa Altos Hornos de Vizcaya, no barrio de Ansio da cidade biscaíña de Barakaldo no País Vasco. Estas novas instalacións e servizos, inauguradas en abril de 2004, permiten realizar certames de carácter internacional e de maior capacidade, con mellores servizos, infraestruturas e comunicacións.[1]

Instalacións[editar | editar a fonte]

O Bilbao Exhibition Centre conta cunha extensión de 251.055 , dos que 246.457 destínanse a exposicións distribuídos en seis pavillóns converténdose na feira máis grande de toda España. Ademais dos pavillóns de exposición, a Feira conta cun pavillón VIP, un centro de congresos, 6.500 m² dedicados a oficinas e un gran atrio. Ademais conta cun aparcadoiro subterráneo con capacidade para 4.000 vehículos.

Na cuberta do recinto instalouse un parque de enerxía solar fotovoltaica que se converteu nun dos maiores do País Vasco. O parque solar conta con 628 paneis fotovoltaicos e alcanza unha potencia de 100 kW nunha superficie de 1.000 m².

Bizkaia Arena[editar | editar a fonte]

Interior do Bizkaia Arena.
Artigo principal: Bizkaia Arena.

É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar ata 16.000 persoas, 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre e do Centro de Exposicións e Congresos de Bilbao e Biscaia desde abril de 2004.

O lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto. Desde 2009, é o pavillón do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón foi sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto de 2010, e foi unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014, organizado en España.

Torre BEC[editar | editar a fonte]

A Torre BEC, de 98 m de altura, é o segundo edificio máis alto do País Vasco, por detrás da Torre Iberdrola, de 165 m de altura. Na torre atópanse un restaurante e as oficinas da sociedade BEC.

Eventos[editar | editar a fonte]

Na instalacións do BEC celébranse diversas feiras nacionais e internacionais, destacando os certames de Ferroforma, a Bienal da Máquina Ferramenta e a Euskal Encounter. No pavillón de Bizkaia Arena celébranse partidos de baloncesto, represéntanse espectáculos teatrais, carreiras de motocross e concertos musicais. Os principais partidos políticos da rexión realizan actos electorais e ás veces celebran os seus congresos. Pola súa banda, varios sindicatos e organizacións empresariais realizan diversas reunións e convencións. O Centro de Congresos acolle regularmente todo tipo de reunións, conferencias e xornadas profesionais, de diversos sectores como enerxías, innovación, educación ou formación. Tampouco se pode esquecer do PIN (Parque Infantil de Nadal) que acolle cada Nadal a miles de nenos e que ocupa tres pavillóns.

Transporte[editar | editar a fonte]

Coa construción do BEC, construíuse tamén a estación de Ansio, na Liña 2 do metro de Bilbao. A estación soporta gran tráfico de pasaxeiros cando hai algunha actividade no BEC, polo que Metro Bilbao realiza servizos especiais para tales eventos, aumentando o horario de peche e as frecuencias de paso. Tamén, enfronte da entrada principal do BEC, hai dúas paradas de Bizkaibus, unha correspondente á liña de 3142 (conexión con metro, onde tamén realiza parada o Kbus -autobús urbano de Barakaldo-) e outra da liña 3136, tamén próximo a esa entrada efectúase algún servizo puntual de lanzadeira e hai unha terminal de autobuses que por agora non se utiliza. Así mesmo bordeando a instalación atópanse outras paradas de Bizkaibus.

Por outra banda a contorna componse dunha praza a modo de sala de espera dunha estación de autobuses e taxis que hoxe en día non dá servizo algún salvo eventos especiais.

Accionariado[editar | editar a fonte]

A distribución do accionariado é a siguiente:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]