Biblioteca Gabriel García Márquez
Biblioteca Gabriel García Márquez | |
---|---|
Tipo | biblioteca pública e edificio público |
Data de fundación | 28 de maio de 2022 |
Nomeado en referencia a | Gabriel García Márquez |
Director/a | Neus Castellano |
Premios | IFLA/Systematic Public Library of the Year Award |
Localización | |
Sede | Sant Martí de Provençals |
Enderezo | Treball, 219 |
En | Barcelona e Sant Martí de Provençals |
País | España |
41°25′02″N 2°12′00″L / 41.417222222222, 2.2 | |
Na rede | |
https://ajuntament.barcelona.cat/biblioteques/bibgarciamarquez e https://ajuntament.barcelona.cat/biblioteques/bibgarciamarquez | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Gabriel García Márquez é unha biblioteca pública situada no barrio barcelonés de Sant Martí de Provençals. Inaugurouse o 28 de maio de 2022.[1] Está especializada en literatura latinoamericana e recibe o seu nome do escritor colombiano Gabriel García Márquez, que viviu na capital catalá entre 1967 e 1975 e onde escribiu El otoño del patriarca.[2]
Proxecto
[editar | editar a fonte]Os veciños do barrio de Sant Martí levaban anos reclamando a construción dunha biblioteca central, xa que só había unha no cuarto andar co Centro Cívico, desde os anos sesenta. En 2015 licitouse a construción do novo equipamento, adxudicado mediante concurso público a Suma Arquitectura, estudio dirixido por Elena Orte e Guillermo Sevillano.[3]
Consta de seis plantas e case 4.000 m², a terceira máis grande de Barcelona. Destaca o uso da madeira en todo o edificio, un material que aporta un ambiente máis acolledor e que contribúe ao obxectivo de reducir a pegada ambiental do centro. A súa aparencia desde o exterior evoca unha pila de libros abertos.[4]
Servizos
[editar | editar a fonte]O fondo documental García Márquez era, no momento da súa inauguración, de 40.000 libros. A biblioteca está especializada en literatura latinoamericana e, entre outras actividades, organiza dende a súa inauguración o festival anual "KM América".[5] Tamén hai un espazo dedicado ao autor de banda deseñada Francisco Ibáñez -veciño do barrio-, que alberga a colección do artista de preto de 500 obras.[6]
Ademais, o recinto incorpora unha emisora de radio — Ràdio Maconda, a única nunha biblioteca de Barcelona —, espazos polivalentes, salas de lectura individuais, unha zona infantil e unha sala sensorial, pensada para usuarios con discapacidade visual.[7]
Galería
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]O edificio, construído case totalmente en madeira, recibiu diversos premios polo seu deseño arquitectónico e a súa sensibilidade social e ecolóxica.
En novembro de 2022, a biblioteca recibiu o premio ao mellor equipamento, outorgado pola revista NAN.[8] En xaneiro de 2023 foi galardoada polo concello de Barcelona co Premio Cidade de Barcelona en arquitectura e urbanismo.[9]
En agosto de 2023, recibiu o Premio Internacional á Mellor Biblioteca Pública, un galardón outorgado pola Federación Internacional de Asociacións e Institucións de Bibliotecas (IFLA) entre os espazos inaugurais durante o ano anterior.[10][11]
Tamén é finalista de 2023 dos Premios FAD, que se entregan en outubro.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Camps, Magí (2022-05-29). "La biblioteca García Márquez, un pedazo de Macondo en Barcelona". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Hernández, Sergi (2021-04-16). "García Márquez, un premi Nobel, veí de Sarrià". beteve.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Blanco, Andrés. "Un gran edificio, amable con sus vecinos. Biblioteca Gabriel García Márquez por SUMA Arquitectura". www.metalocus.es (en castelán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Allison, Gonzalo Moncloa (2022-05-26). "Los secretos de Macondo se esconden en Barcelona: nace la Biblioteca García Márquez, especializada en literatura latinoamericana". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Molas, Sílvia Marimon (2022-05-23). "Fusta, vidre, hamaques i catifes: obre l'última gran biblioteca de Barcelona". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ ACN. "S'inaugura la nova biblioteca García Márquez, la tercera més gran de Baarcelona". Diari de Barcelona (en catalán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Redacción (2023-06-15). "La Biblioteca Gabriel García Márquez, a un pas de convertir-se en la millor del món". www.publico.es. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ "Revista NAN Arquitectura y construcción - 175". nanarquitectura.com (en castelán). 2023-01-30. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ "La Biblioteca Gabriel García Márquez obté el Premi Ciutat de Barcelona d'Arquitectura". ajuntament.barcelona.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Redacción (2023-06-15). "La Biblioteca Gabriel García Márquez, a un pas de convertir-se en la millor del món". www.publico.es. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Redacción. "La millor biblioteca pública del món és a Barcelona: la García Márquez guanya el guardó". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Axencias (2023-06-27). "La biblioteca Gabriel García Márquez de Barcelona es una de las finalistas de los FAD 2023". La Vanguardia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2023. Consultado o 2023-09-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Gabriel García Márquez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Arquitectura orgánica
- Biblioteca de Catalunya
- Estilo internacional (arquitectura)
- Literatura hispanoamericana
- Literatura latinoamericana
- Realismo máxico