Gioconda Belli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGioconda Belli

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Gioconda Belli Pereira Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Managua, Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSanta Monica Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeNicaragua (–2023)
Chile (2023–)
Italia
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora , autora de diarios , xornalista , activista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesMatías Moldskred (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgiocondabelli.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: GiocondaBelliP Musicbrainz: 3e2307a2-3570-4bda-9b2e-3acd430efea6 Discogs: 4056856 Editar o valor em Wikidata


Gioconda Belli, nada en Managua o 9 de decembro de 1948 é unha poeta, novelista e activista nicaraguana. A súa obra literaria caracterízase polo seu compromiso político e por rescatar e profundar no universo feminino, reivindicando o papel das mulleres na sociedade e na construción da cultura.[1] En 1972, co seu primeiro libro Sobre la grama, revoluciona a poesía centroamericana ao abordar sen andrómenas o corpo e a sexualidade feminina. O seu activismo levoulle a militar na Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), e a ocupar durante un tempo ( de 1979 a 1994) cargos de responsabilidade toda vez que os sandinistas derrocaron a Somoza.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Humberto Belli, era empresario, e a súa nai, Gloria Pereira, foi fundadora do Teatro Experimental de Managua.[3] Belli cursou a súa primaria no Colegio de la Asunción en Managua e a secundaria no Real Colegio de Santa Isabel en Madrid, España, en 1965. Tras obter un diploma en Publicidade e Xornalismo en Filadelfia, Estados Unidos, regresou a Managua.[4]

Casou en 1967. A súa primeira filla, Maryam, naceu en 1969 e a segunda, Melissa, en 1973. Dun seu segundo matrimonio naceu Camilo en 1978. Casou por terceira vez en 1987, de cuxa unión nace Adriana en 1993. En 2008 alternaba o seu tempo entre os Estados Unidos e Nicaragua[5].

Durante a ditadura somocista, Gioconda Belli é perseguida. Exíliase en México e Costa Rica, ata que, co triunfo da Revolución Sandinista en 1979, volve a Nicaragua, onde desempeña diversos cargos no novo goberno ata a súa renuncia en 1994.

Compromiso político[editar | editar a fonte]

Opúxose á ditadura do xeneral Anastasio Somoza Debayle. Desde 1970, ano en que comezou a escribir os seus poemas, pasou a integrar as filas da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) nese momento unha organización clandestina e perseguida cuxo obxecto era o derrocamento do réxime somocista.

Foi correo clandestino, transportou armas, viaxou por Europa e América Latina obtendo recursos e divulgando a loita sandinista. Chegou a ser membro da Comisión Político-Diplomática do FSLN.

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria literaria está atravesada pola dualidade entre a nación e o xénero sobre a que Belli se autorrepresenta na súa obra autobiografica El país bajo mi piel. Memorias de amor e guerraː

“Dúas cousas que eu non decidín decidiron a miña vida: o país onde nacín e o sexo co que viñen ao mundo. Quizais porque a miña nai sentiu a urxencia de nacer cando estaba no estadio Somoza de Managua vendo un partido de béisbol, a calor das multitudes foi o meu destino. Quizais se debeu a iso o meu medo á soidade, o meu amor polos homes, o meu desexo de trascender limitacións biolóxicas ou domésticas e de ocupar tanto espazo como eles no mundo.
Gioconda Belli (traducido do orixinal)

Etapa 1970 - 1979[editar | editar a fonte]

Os seus poemas apareceron por primeira vez no semanario cultural La Prensa Literaria do diario La Prensa do seu país. A súa poesía, considerada revolucionaria na súa maneira de abordar o corpo e a sensualidade feminina, causou gran balbordo. O seu libro Sobre la grama valeulle, en 1972, o premio de poesía máis prestixioso do país neses anos, o Mariano Fiallos Gil da Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua (UNAN). En 1978, xunto a Claribel Alegría, obtivo o prestixioso Premio Casa de las Américas no xénero poesía polo seu libro Linea de fuego, obra que escribiu mentres se atopaba vivindo no exilio en México por mor do seu activismo revolucionario e que reflicte o seu sentir sobre a situación política de Nicaragua. Nesa ocasión é convidada, tamén, a participar como xurado, motivo polo cal viaxa a Cuba para ser lectora dos libros nomeados xunto a Jullo Cortázar.[6]

Etapa 1980 - 1990[editar | editar a fonte]

Despois do triunfo da Revolución Nicaraguana o 19 de xullo de 1979 ocupou varios cargos dentro do goberno sandinista. En 1984 foi representante sandinista ante o Consello Nacional de Partidos Políticos e voceiro do FSLN na campaña electoral dese ano. Belli deixou todo cargo oficial en 1986 para dedicarse a escribir a súa primeira novela. Foi directiva da Unión de Escritores e foi unha das fundadoras do suplemento literario Ventana do diario Barricada.

Entre 1982 e 1987, publicou tres libros de poesía: Truenos y Arco Iris; Amor Insurrecto e De la costilla de Eva. Estes libros ou seleccións dos mesmos publicáronse en México, España, Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Italia e Estados Unidos de América.

En 1987 publicou El taller de las mariposas, un conto para nenos e nenas que se editou tamén nos idiomas alemán, holandés e italiano. Con esta obra obtivo o Premio Luchs (Loita) do Semanario alemán Die Zeit en 1992.

En 1988 Belli publicou a súa primeira novela La mujer habitada, que foi moi aclamada pola crítica e alcanzou en Europa e América Latina grandes tiraxes e numerosas edicións. En Alemaña –onde a tiraxe chegou a un millón de exemplares e levou a  máis de vinte edicións- a novela obtivo o Premio dos bibliotecarios, editores e libreiros de Alemaña á Novela Política do Ano (1989). Ese ano a autora recibiu tamén o Premio Anna Seghers. Desde a súa publicación a novela foi traducida a once idiomas e tivo grande éxito editorial en España e Italia. Nos Estados Unidos, Warner Books publicouna baixo o nome The Inhabited Woman.

Etapa 1990 en adiante[editar | editar a fonte]

Gioconda Belli xunto ao escritor chileno Ramón Díaz Eterovic, en 1989.
Gioconda Belli, Feira do libro de Leipzig 2016

En 1990 publicou a súa segunda novela, Sofía de los presagios; en 1996, Waslala, ámbalas dúas traducidas a varios idiomas. En xaneiro de 2001 apareceu, en Plaza Janés, o seu libro El país bajo mi piel, un testemuño dos seus anos no sandinismo que foi publicado, simultaneamente, en alemán, holandés e italiano. Publicouse nos Estados Unidos no outono do 2002 baixo o selo editorial Knopf e en Inglaterra, pola Editorial Bloomsbury de Londres. Hai unha edición en inglés de 2002 titulada The country under my skin: A Memory of Love and War.

A súa novela El pergamino de la seducción mereceu en 2005 o Premio Pluma de Plata na Feira do Libro de Bilbao.[7]

En 2006 co seu poemario Fuego soy apartado y espada puesta lejos gañou o Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla na súa XXVIII edición.[8]

A cantante catalá Carme Canela gravou un disco con algúns dos seus poemas de madurez en clave de jazz que se editou na primavera de 2008 baixo o título Carme Canela canta Gioconda Belli. Sencillos Deseos

En febreiro do 2008 publicou a súa novela El infinito en la palma de la mano, que foi merecedora do Premio Biblioteca Breve de Novela 2008 da editorial española Seix Barral e o Premio Sor Juana Inés da Cruz da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México.

El país de las mujeres (2010) fala dun país gobernado por mulleres.[9] O libro foi titulado orixinalmente co nome de Crónicas de la Izquierda Erótica, baseado no Partido da Esquerda Erótica que, na novela, é o que fundan un grupo de mulleres na ficticia Faguas e co que chegan ao poder. O nome Partido da Izquierda Erótica utilizouno en Nicaragua nos anos 80 un grupo de mulleres entre as que estaba Belli. Chamábano o PÉ e foi bautizado así usando o termo acuñado no poemario da poeta guatemalteca Ana María Rodas: Poemas de la Izquierda, razón pola que tivo que cambiar o nome.

A súa novela El intenso calor de la luna, foi lanzada en agosto en Latinoamérica, e en setembro do 2014 en España.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Sobre la grama (1972) - Poesía
  • Línea de fuego (1978) - Poesía
  • Truenos y arco iris (1982) - Poesía
  • Amor insurrecto (1984) - Poesía (Antología)
  • De la costilla de Eva (1986) - Poesía
  • La mujer habitada (1988) - Novela
  • Poesía reunida (1989) - Poesía
  • Sofía de los presagios (1990) - Novela
  • El ojo de la mujer (1991) - Poesía (Antología)
  • Sortilegio contra el frío (1992)
  • El taller de las mariposas (1994) - Cuento infantil
  • Waslala (1996) - Novela
  • Apogeo (1997) - Poesía
  • El país bajo mi piel, memorias de amor y de guerra (2001) - Autobiografía
  • El pergamino de la seducción (2005) - Novela
  • Fuego soy apartado y espada puesta lejos (2006) - Poesía
  • El infinito en la palma de la mano (2008) - Novela
  • El país de las mujeres (2010) - Novela
  • En la avanzada juventud (2013) - Poesía
  • El intenso calor de la luna (2014) - Novela

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Sobre la Grama - Premio Mariano Fiallos Gil de Poesía de la Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, 1972
  • Línea de Fuego - Premio Casa de las Américas de poesía, 1978
  • La Mujer Habitada - Premio Novela Política do ano dos libreiros, bibliotecas e editores de Alemaña (Fundación Friedrich Ebert), 1989
  • La Mujer Habitada - Premio Anna Seghers, 1989
  • El Taller de las Mariposas - conto infantil que foi Premio Luchs (Loita) do Semanario Die Zeit, 1992
  • Mi íntima multitud - Premio de Poesía Generación del 27, 2002
  • El País bajo mi piel - Finalista Los Angeles Times Book Prize, 2003
  • El pergamino de la seducción - Premio Pluma de Plata, 2005 (Feria del Libro de Bilbao)
  • Fuego soy apartado y espada puesta lejos - Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla, XXVIII Edición 2006
  • El infinito en la palma de la mano - Premio Biblioteca Breve de Novela, 2008
  • El infinito en la palma de la mano - Premio Sor Juana Inés de la Cruz, 2008 (Feira Internacional do libro de Guadalaxara)
  • El País de las Mujeres - Premio Hispanoamericano de Novela La Otra Orilla, VI Edición 2010
  • Medalla de recoñecemento do Teatro Nacional Rubén Darío por 25 anos de labor cultural.
  • Membro da Academia Nicaragüense de la Lengua.
  • Membro de PEN Club Internacional.
  • Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras que otorga o Ministerio de Cultura de Francia (2013)
  • Premio ó Mérito Literario Internacional Andrés Sabella (2014)
  • Premio de belas artes de Francia (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Belli lleva la utopía feminista a su nueva novela - periodismohumano". periodismohumano.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2016. Consultado o 26 marzo 2018. 
  2. "Libertad de expresión: entrevista a Gioconda Belli" (en castelán). 20 xullo 2015. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 marzo 2018. 
  3. Rubin, Don; Solorzano, Carlos (eds.). World Encyclopedia of Contemporary Theatre: The Americas (en inglés). Routledge. ISBN 9781136359286. 
  4. "Revelaciones de la escritora Gioconda Belli en el Autor y su obra". Festival de poesía de Nicaragua (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 27 marzo 2018. 
  5. Toledo, Manuel (15 febreiro de 2008). "Gioconda Belli: un poema inédito". BBC mundo.com (en castelán). Archived from the original on 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 marzo 2018. 
  6. "Revelaciones de la escritora Gioconda Belli". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  7. "El pergamino de la seducción: Reina en cautiverio, ¿loca o apasionada?". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. 
  8. "Gioconda Belli gana el Premio Ciudad de Melilla". El nuevo diario. 21 outubro 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 26 marzo 2018. 
  9. "Gioconda Belli gana el Premio Hispanoamericano de Novela La otra orilla". la estafeta del viento (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 26 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]