Bión de Soli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBión de Soli
Biografía
NacementoSolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , xeógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Bión (en grego antigo Βίων e en latín Bion) foi un escritor da Grecia antiga mencionado por Dióxenes Laercio como autor dunha obra sobre Etiopía (Αἰθιοπικά), da cal se conservaron algúns fragmentos se conservaron na obra de Plinio o Vello e Ateneo de Naucratis. Naceu en Soli ou Solos (Cilicia).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Plutarco fala dun Bión que di recoller unha tradición sobre as Amazonas, e Agatías cita un Bión a quen lle atribúe unha historia de Asiria, pero non é seguro que sexa o mesmo personaxe. Varrón menciona a Bión de Solos como escritor sobre agricultura e así o confirma tamén Plinio. Algúns autores cren que Bión de Soli é a mesma persoa que Cecilio Bión. Descoñécese a época na que viviu[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 3.Bion en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 488