Auguste Piccard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auguste Piccard
Bundesarchiv Bild 102-13738, Auguste Piccard.jpg
Nome completoAuguste Antoine Piccard
Nacemento28 de xaneiro de 1884
Lugar de nacementoBasilea
Falecemento24 de marzo de 1962
Lugar de falecementoLausana
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeSuíza
Alma máterETH Zürich e Universidade de Basilea
Ocupaciónfísico, explorador, balonista, Privatdozent e profesor universitario
PaiJules Piccard
FillosJacques Piccard
IrmánsJean Piccard
Premioscomendador da Lexión de Honor e Medalla Rudolf Diesel
Na rede
Discogs: 4020719 WikiTree: Piccard-12 Find a Grave: 173189107 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Auguste Antoine Piccard, nado en Basilea o 28 de xaneiro de 1884 e finado o 24 de marzo de 1962, foi un físico, inventor e explorador suízo, coñecido polos seus récords de altura en voos en globo aerostático, cos que estudou a atmosfera superior da Terra e os raios cósmicos, así como pola invención do primeiro batiscafo, FNRS-2, co que realizou varias inmersións non tripuladas en 1948 para explorar as profundidades mariñas.[1]

En 1930 deseñou unha góndola esférica presurizada de aluminio que lle permitia ascender a grandes altitudes sen precisar dun traxe presurizado. O 27 de maio de 1931 Piccard e Paul Kipfer engalaron dende Augsburg, Alemaña, acadando unha altitude de 15 781 m. O 18 de agosto de 1932, engalando dende Dübendorf, Suíza, Piccard e Max Cosyns acadaron un novo récord de 16 201 m. En total realizou 27 voos en globo, deixando o récord nunha marca de 23 000 m.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pletcher, Kenneth (2013). Explorers in the 20th and 21st Centuries: From Auguste Piccard to James Cameron (en inglés). Britannica Educational Publishing. ISBN 9781622750252. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.