Bersant Celina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bersant Celina
Información persoal
Nome Bersant Eduar Celina
Nacemento 9 de setembro de
Lugar de nacemento Prizren
Altura 1.73 m
Posición centrocampista
Información de club
Club actual FC Twente
(cedido polo Manchester City)
Carreira xuvenil
2007–2012 Strømsgodset
2012–2014 Manchester City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014– Manchester City 1 (0)
2016–FC Twente (cedido) 6 (4)
Selección nacional
2011–2012 Norway U15 4 (0)
2012–2013 Norway U16 3 (0)
2013–2015 Noruega sub-17 8 (0)
2014–2015 Noruega sub-21 1 (0)
2014– Kosovo 5 (1)
Na rede
FIFA: 401236 UEFA: 250055369 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de outubro de 2016 (UTC)
Selección: actualizado a 12 de outubro de 2016 (UTC)editar datos en Wikidata ]

Bersant Eduar Celina, nado o 9 de setembro de 1996, é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista para o FC Twente, cedido polo Manchester City.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Celina medrou na cidade norueguesa de Drammen, onde residiu dende que tiña dous anos.[1] Xogou nas seccións infantís do Strømsgodset IF. En 2012 ofrecéronlle unha bolsa para perfeccionarse na Manchester City Reserves and Academy en Inglaterra, e alí pasou os dous anos seguintes.

Manchester City[editar | editar a fonte]

O 1 de xullo de 2014, Celina firmou un contrato profesional por tres anos e medio co Manchester City.[2] Ao pouco lesionouse e pasou por cirurxía, mentres estivo en rehabilitación permaneceu co equipo xuvenil.

A finais de decembro de 2014, o adestrador Manuel Pellegrini convocouno para o primeiro equipo por mor do ateigado programa de Nadal do club, con catro partidos nunha semana.[3] Seleccionado para o partido da FA Cupp contra o Sheffield Wednesday o 4 de xaneiro de 2015, non chegou a saír ao campo, e o partido acabou cunha vitoria do City 2–1.[4]

O 19 de xaneiro de 2015 marchou co primeiro equipo e algúns alumnos da academia do club para un campamento de adestramento en Abu Dhabi e Celina fixo a súa primeira aparición no primeiro equipo do City nun amigagle contra o Hamburger SV.[5]

Así e todo o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo foi o 9 de xaneiro de 2016 na FA Cup contra oNorwich City Football Club, saíndo ao terreo de xogo no minturo 85 minutos nunha vitoria 3–0 .[6]

Na Premier League a súa primeira participación foi como substituto nunha derrota 3-1 contra o Leicester City o 6 de febreiro, logrando unha asistencia paraSergio Agüero no único gol do Manchester City.[7].

FC Twente[editar | editar a fonte]

O 25 de agosto de 2016, Celina uniuse ao equipo da Eredivisie FC Twente cedido por un ano. Debutou o 10 de setembro, como substituto no minuto 67 e logrou o seu primeiro gol para o seu novo equipo .[8]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Noruega[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos no nivel internacional, Celina xogou catro veces coa selección de Noruega sub-15 e tres na sub-16. Bård Flovik chamouno para xogar no equipo sub-17 na Eurocopa sub-17, xogou no segundo partido contra Islandia substituíndo no minuto 77 a Joachim Eriksen nun partido que rematou nunha vitoria 2–0 .[9] Xogou tamén na selección sub-21 contra Inglaterra, o 7 de setembro de 2015 como reserva, saínda no minuto 87.

Kosovo[editar | editar a fonte]

Apenas a FIFA permitiu á selección nacional de Kosovo xogar partidos amigables con outros membros da FIFA, en marzo de 2014, convocaron a Celina para o encontro contra Haití.[10] Non chegou a saír ao campo e o partido rematou nun empate sen goles. Volveu ao equipo nacional no encontro contra Omán do 7 de setembro de 2014.[11] Xogou 83 minutos antes de sustituílo Enis Bunjaki, finalmente o partido acabou cunha primeira vitoria histórica para Kosovo, cun 1–0 .[12] 

Notas[editar | editar a fonte]