Bernardo Buontalenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A gruta de Boboli

Bernardo Buontalenti, nado en 1536 en Florencia e finado na mesma cidade o 6 de xuño de 1608, foi un dos máis grandes artistas da Toscana; foi á vez arquitecto, escultor e pintor. Aprendeu a pintar con Vasari, quen o marcaría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Buontalenti entrou ao servizo dos Médici cando novo e seguiría con eles o resto da súa vida. En 1562 viaxou a España. A súa primeira obra coñecida, en 1568, foi o Palazzo de Bianca Cappello en Florencia.

As súas obras máis importantes foran o proxecto para a nova cidade de Livorno, a decoración do Palacio Pitti en Florencia e a ornamentación dos Xardíns de Boboli, así como o Parco di Pratolino con a colosal escultura dos Apeninos. A súa habilidade como enxeñeiro móstrase nas obras do porto de Livorno, o Forte de Belvedere, as murallas de Pistoia, Grosseto, Prato, Portoferrato e Nápoles; tamén perfeccionou canóns e preparou un novo tipo de granada incendiaria.

Nos Uffizi de Florencia construíu unha nova ala, durante o inverno de 1585-86, onde preparou espléndidas festas. Deseñou ademais traxes para as extravagancias dos Médici. A pesar destes éxitos, a súa prodigalidade levou Buontalenti á ruína, sobrevivindo nos seus últimos anos mercé a unha pensión que lle doou o Grande Duque da Toscana.