Bernardino Lombao
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Bernardino Lombao Sotuela 6 de agosto de 1938 Ribas de Sil, España | ||||||||||||||||
Morte | 23 de abril de 2020 (81 anos) Boadilla del Monte, España | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | atleta, empresario, adestrador, presentador de televisión | ||||||||||||||||
Empregador | Televisión Española | ||||||||||||||||
Deporte | 400 metros com barreiras (pt) décatlon balonmán | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Bernardino Lombao Sotuela, nado en Ribas de Sil o 6 de agosto de 1938 e finado en Boadilla del Monte o 23 de abril de 2020,[1] foi un atleta, xogador de balonmán, adestrador deportivo, empresario e presentador de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que nado en Ribas de Sil, de neno marchou co seu pai, que traballaba na Renfe, e co resto da súa familia a Irún. Como atleta, Lombao destacou en dous deportes: o atletismo e o balonmán. Como atleta, foi internacional por España nas probas de 400 metros valados e décatlon en diversas ocasións entre 1958 e 1967. Posteriormente fichou polo Atlético de Madrid de balonmán, co que gañou os campionatos de liga española en 1967, 1968 e 1969.
Logo da súa retirada, dedicouse, ademais de ao atletismo para veteranos, ao adestramento deportivo e á comunicación, creando e presentando programas deportivos para televisión. Como adestrador encargouse entre outros da selección española de baloncesto en categoría júnior, tanto a feminina como a masculina, e foi tamén o preparador físico de Jose María Aznar durante a súa etapa como presidente do goberno entre 1996 e 2004.[2]
Despois de crear e presentar programas de televisión baseados en temas olímpicos, como De Olimpia a Los Ángeles ou Objetivo 92, en 1995 creou ademais a súa propia empresa para organizar eventos deportivos e producir diversos programas de televisión como Escuela del deporte, El sueño olímpico, Esport divertit ou Deporte divertido.[3][4].
Obra
[editar | editar a fonte]Como escritor de temas deportivos ten, entre outras, as seguintes obras:
- Entrenar el cuerpo, mejorar la vida. Los secretos de un gran preparador físico. 2002
- La ciencia de la revitalización: ¡mejora tu calidad de vida ya!. 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Bernardino Lombao, o atleta adestrador do expresidente Aznar". Galicia Confidencial. 23 de abril de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ Ejercitar el cuerpo para vivir mejor: es la clave Arquivado 04 de outubro de 2009 en Wayback Machine., El Mundo, 8/10/2002.
- ↑ Web de Comunicación, Deporte y Producciones Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ “Escuela del deporte” apuesta por el magazin, ABC, 3/2/2001.
- Xogadores de balonmán de Galicia
- Atletas de Galicia
- Atletas de probas combinadas
- Atletas de valados
- Adestradores de Galicia
- Adestradores de atletismo
- Personalidades da empresa de Galicia
- Empresarios dos medios de comunicación
- Presentadores de televisión de Galicia
- Nados en Ribas de Sil
- Nados en 1938
- Finados en 2020
- Preparadores físicos
- Presentadores de Televisión Española