Bernardino González Paz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX |
| Morte | 28 de outubro de 1918 Pontevedra, España |
| Causa da morte | gripe de 1918 |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | Sebastián González García-Paz, Daría González García |
Bernardino González Paz, finado en Pontevedra o 28 de outubro de 1918,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Sebastián González Rodríguez. Militante do Partido Republicano Radical, do que foi presidente en Pontevedra en 1911, foi elixido concelleiro de Pontevedra en 1909. Colaborou en La Libertad e foi administrador de El Rebelde.[2] Dirixiu a Alianza Mariñeira de Cangas en 1916. Foi procesado con Eusebio Alonso Vieites por instigar na folga xeral de 1917. Foi presidente do Recreo de Artesanos. Foi desterrado a Vigo en 1917 por unha denuncia de Benito Corbal por calumnias nun mitin en 1915. Finou como consecuencia da gripe de 1918.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ceferina García Paz en 1907, e foi pai de Sebastián González García-Paz e Daría González García.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. pp. 786–787. ISBN 84-96403-74-2.