El Rebelde (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Rebelde, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1913 e 1914.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Quincenario Republicano Radical, apareceu o 15 de xuño de 1913. A partir do número 9 do 15 de outubro cambiou o seu subtítulo por Quincenario Republicano Radical Autónomo e dende o número 12 do 1 de decembro pasou a ser Quincenario de la Unión Republicana. Editado polo sector mozo do Partido Republicano Radical de Pontevedra, o administrador era Bernardino González Paz e estaba dirixido por Manuel Torres Iglesias.[1] A raíz da visita a Pontevedra do líder radical Alejandro Lerroux en 1913, amosáronse en desacordo coa moderación do partido e fundaron o Partido Radical Autónomo de Pontevedra que ingresou na conxunción republicano-socialista. Foi suspendido por orde gobernativa en marzo de 1914.[2] O director, Manuel Torres, foi procesado e xulgado en febreiro de 1916 por inxurias e calumnias a Ángel Míguez.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 4-10-1913, p. 1.
  2. Marín, 5-4-1914, p. 3.
  3. La Libertad, 10-2-1916, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]