Saltar ao contido

Bernard Forest de Bélidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard Forest de Bélidor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1698 Editar o valor en Wikidata
Principado de Cataluña, Coroa de Aragón Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1761 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
La Fère Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro, enxeñeiro militar, matemático, engenheiro hidráulico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteQ27058682 Traducir, (p.77-81)
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1612364
Retrato de Bélidor

Bernard Forest de Bélidor, nado en Cataluña en 1698 e finado en París o 8 de setembro do 1761, foi un enxeñeiro militar francés.

O soldado

[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial francés morto en España antes de que Bélidor cumprira os 5 meses, foi recollido polo seu padriño, Fossiébourg, oficial de artillaría, morto á súa vez en 1811. A súa viúva retirouse ao lar do seu irmán, Cayot de Blanzy, enxeñeiro xefe en Montreuil. Este fíxolle beneficiario da súa biblioteca e Bélidor acompañoulle nos seus destinos.

Ingresou de novo no exército, partindo no 1742 como axudante na campaña de Baviera, durante a Guerra de sucesión de Austria, baixo as ordes de Philippe Henri de Ségur e do duque François d'Harcourt. Serviu máis tarde ás ordes do Príncipe de Conti en Italia no 1744 e despois nas Provincias Unidas, onde xogou un papel activo durante o sitio de Charleroi. Foi nomeado coronel en recoñecemento dos seus servizos.

Ó morrer era brigadier do exército real, cabaleiro de San Luís, inspector do arsenal de París e das minas de Francia (desde 1758), membro das Academias reais de ciencias de Francia, Inglaterra e Prusia.

O home de ciencia e profesor

[editar | editar a fonte]

Bélidor foi nomeado profesor de artillaría na escola de La Fère (Aisne) desde a creación deste establecemento no 1720, e inspector xeral de minas de Francia. No 1722 entrou como alumno na Academia de Ciencias de Francia, converténdose máis tarde en asociado libre (1756). Publicou no 1725 a obra Nouveau cours de mathématique à l'usage de l'Artillerie et du Génie, onde aparece por primeira vez a verba sinusoide. Este curso traduciuse ao alemán no 1745. Foi empregado en tódolos cursos de artillaría e serviu de referencia na École nationale des ponts et chaussées

No 1729 apareceu La Science des ingénieurs dans la conduite des travaux de fortification et d'architecture civile, primeira obra de síntese nesta especialidade, onde son abordados tanto o trazado das obras como a súa resistencia, así como o acondicionamento urbano das prazas. Esta derradeira parte foia copiada literalmente por Louis de Jaucourt na Enciclopedia. A obra foi traducida ao alemán e publicada en Viena no 1757. Sobor da cuestión dos muros de sostén, Bélidor tratou de explicitar os fundamentos do regulamento de Vauban sobor as fortificacións, tomando en consideración os valados naturais da terra. No seu eloxio na Academia das Ciencias dixo que «xamais obra ningunha mereceu máis este título: contén en efecto tódolos principios necesarios para poñer a tódolos enxeñeiros nas condicións de aplicar na práctica tódolos coñecementos matemáticos que a lectura da primeira obra lles puido dar.»

Publicou no 1731 un tratado de balística, O Bombardeiro francés, seguido no 1737 da súa maior obra Architecture hydraulique, onde se utiliza por primeira vez o cálculo integral na resolución de problemas técnicos. Foi toda a bagaxe proporcionada aos enxeñeiros ata fin de século, e obra de referencia dos alumnos da Escola de Pontes e estradas. Editou no 1755 un Dictionnaire portatif de l'ingénieur, que non é máis ca unha compilación resumida e abreviada do Dicionario de Arquitectura de Augustin-Charles d'Aviler, con algunhas partes engadidas.

Bélidor acompañou a Jean-Dominique Cassini e Philippe de La Hire na súa expedición para medir o meridiano de París nos anos 1710.

Principais obras

[editar | editar a fonte]
  • Sommaire d'un cours d'architecture militaire, civile, hydrolique, et des autres traitez les plus utiles aux ingénieurs et architectes (1720)
  • Nouveau cours de Mathématique à l'usage de l'Artillerie et du Génie, où l'on applique les parties les plus utiles de cette science à la théorie et à la pratique de différents sujets qui peuvent avoir rapport à la guerre (1725)
  • La Science des ingénieurs dans la conduite des travaux de fortification et d'architecture civile (1729)
  • Dictionnaire portatif de l'ingénieur (1755)
  • Œuvres diverses de M. Belidor concernant l'artillerie et le génie (1764)
  • Architecture hydraulique, ou l'Art de conduire, d'élever et de ménager les eaux pour les différens besoins de la vie, Charles-Antoine Jombert, Libraire de l’Artillerie & du Génie, à l’Image Notre-Dame, à Paris, rue Saint-Jacques, 1737-1739 (réimpr. 1796 par Prony, 1819 par Navier), 2 vol.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]