Joaquín Calderón Ozores
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de novembro de 1866 A Coruña, España |
| Morte | 21 de marzo de 1953 Madrid, España |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | militar, político |
| Familia | |
| Pai | Vicente Calderón Oreiro |
| Irmáns | Benito Calderón Ozores |
Joaquín Calderón Ozores, IV conde de San Juan, nado na Coruña o 19 de novembro de 1866 e finado en Madrid o 21 de marzo de 1953, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Terceiro fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría, foi destinado a Vigo a finais de xaneiro de 1906. Rematou a carreira militar como coronel de Artillaría. Membro do Partido Conservador. Foi elixido deputado pola Coruña nas eleccións de 1914. Foi elixido senador pola provincia de Ourense nas eleccións de 1918 e 1919. Finou en Madrid o 21 de marzo de 1953.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1899 con Dolores Bárcena de Andrés-García, filla de Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira,[2] e foi pai de María del Carmen Calderón Bárcena, que casou con Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas.