Benin City
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Benin City, antigamente chamada tamén Edo, capital do Estado Edo, ao sur de Nixeria. En 2003 contaba cunha poboación de 1 082 100 habitantes.
As principais industrias son o caucho e o aceite de palma. A cidade é tamén célebre pola súa artesanía.
Historia[editar | editar a fonte]
No século XV Benin City foi a capital do Reino de Benín, baixo o goberno de Oba Ewuare.
A cidade foi destruída en 1897 polos británicos durante a chamada Expedición Punitiva en Benín.
Ao principiar a Guerra de Biafra, en 1967, foi a capital do efémero estado secesionista chamado República de Benín (non confundir coa actual República de Benín, tamén chamada Dahomei), pero o exército federal nixeriano non tardou en retomar o control.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benin City |