Belén Cachafeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Belén Cachafeiro Anta 1969 (54/55 anos) Forcarei, España |
Alcaldesa de Forcarei | |
2012 – 2019 ← David Raposeiras – Verónica Pichel Guisande → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Forcarei |
Ocupación | política, empresaria |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Belén Cachafeiro Anta, nada en Forcarei en 1969, é unha empresaria e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresaria do sector servizos en Soutelo de Montes. Foi presidenta de AMFOR dende 1994. Presentouse na candidatura do PPdeG nas eleccións municipais de 1999 e foi elixida concelleira e continuou como concelleira nas sucesivas eleccións municipais.
Logo do falecemento do alcalde David Raposeiras, foi elixida alcaldesa de Forcarei o 9 de febreiro de 2012.[1] Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Foi elixida deputada provincial en 2015.[2]
Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixida á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belén Cachafeiro asume la Alcaldía de Forcarei recordando a Raposeiras y rebajando salarios
- ↑ Belén Cachafeiro será elegida hoy como diputada
- ↑ T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: David Raposeiras |
Alcaldesa de Forcarei 2012 - 2019 |
Sucesor: Verónica Pichel Guisande |