David Raposeiras
David Raposeiras | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1960 |
Lugar de nacemento | San Miguel de Presqueiras |
Falecemento | 29 de xaneiro de 2012 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e mestre |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Raposeiras Correa, nado en San Miguel de Presqueiras (Forcarei) o 24 de marzo de 1960 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 2012[1], foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou a carreira de maxisterio, exercendo de mestre de educación infantil e primaria entre 1985 e 1999. Foi concelleiro do Concello de Forcarei dende 1983 até xuño de 1999. Desempeñou o cargo de alcalde da mesma vila dende xuño de 1999 até a súa morte en xaneiro de 2012. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra desde 1999 até 2003. Tivo dous fillos xemelgos.
Predecesor: Manuel Brea Porto |
Alcalde de Forcarei 1999 - 2012 |
Sucesor: Belén Cachafeiro |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece a los 51 años David Raposeiras Correa, alcalde de Forcarei desde 1999". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xaneiro de 2012.