Begoña Freire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Begoña Freire Vázquez 1968 (55/56 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
María Begoña Freire Vázquez, nada na Coruña en 1968, é unha avogada e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Técnica xurídica de Urbanismo na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Militou desde os 20 anos en Novas Xeracións e despois no PPdeG.
Foi deputada do Parlamento de Galicia en 1999 substituíndo a Antonio Couceiro Méndez. Foi elixida concelleira da Coruña nas municipais de 2011[1] e foi concelleira delegada de Tráfico, Mobilidade, Uso e Utilización do Dominio Público. Volveu ser elixida concelleira nas municipais de 2015.
Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixida á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, Ángela (4/6/2011). "Begoña Freire : ´Lo que ofrecemos es compromiso, trabajo y dedicación´" La Opinión A Coruña (en castelán).
- ↑ T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.