Saltar ao contido

Begoña Villacís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBegoña Villacís

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Begoña Villacís Sánchez Editar o valor en Wikidata
4 de novembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Primeira tenente de alcalde de Madrid
15 de xuño de 2019 – 2023
 Marta Higueras
Concelleiro de Madrid
13 de xuño de 2015 – 2023
Datos persoais
EducaciónUniversidade San Pablo CEU
Universidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCiudadanos-Partido de la Ciudadanía (2014–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Salario base106.238,88 € Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020quinto aniversario de El Español Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaRubén Amón (2020, 2023–2022) Editar o valor en Wikidata

Facebook: Begona.Villacis Twitter: begonavillacis Instagram: begonavillacis Editar o valor en Wikidata

Begoña Villacís Sánchez, nada en Madrid o 4 de novembro de 1977, é unha avogada e política española. Dende 2015 é concelleira e voceira de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía no Concello de Madrid.[1] Dende xuño de 2019, foi a vicealcaldesa de Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio concertado de La Salle San Rafael, e tras ver a película Doce homes sen piedade, decidiu ser avogada.[2][3]

Licenciouse en Dereito pola Universidade San Pablo CEU[2][3] no ano 2000. Dous anos despois realizou un máster en asesoría fiscal e dereito tributario na Universidade Pontificia de Comillas.[1][2] Dende xuño de 2003 foi responsable das áreas de dereito tributario, laboral e mercantil de Legalitas.[4] Durante tres anos viviu en Virxinia, nos Estados Unidos.[2]

Como experta en dereito colaborou de forma habitual en programas de televisión como Amigas y conocidas, El gato al agua, España Directo e La mañana de La 1.[2][4] Foi precisamente nunha tertulia televisiva onde coñeceu ao presidente do partido Ciudadanos, Albert Rivera.[2]

Votante deste partido comezou a colaborar con eles en setembro de 2014, asesorándoos gratuitamente sobre impostos locais e afiliouse a principios de 2015.[1][2][5] En febreiro de 2015, mantivo unha xuntanza con Vox, na que este partido lle ofreceu un posto na súa candidatura para as eleccións de 2015 á Asemblea de Madrid, mais preferiu manter o seu compromiso con Ciudadanos.[6] No mesmo mes, conseguiu 234 avais para se presentar como candidata de Ciudadanos á alcaldía de Madrid e, finalmente, impúxose a Jaime Trabuchelli, o outro precandidato, por 357 votos fronte a 230.[1]

O mesmo ano, 2015, á fronte do seu partido, conseguiu nas eleccións de maio de 2015, 7 concelleiros, converténdose na cuarta forza do consistorio de Madrid, onde exerceu como voceira do grupo municipal de Cidudadanos entre 2015-2019. Nesas eleccións, Begoña non puido votarse a si mesma porque reside no municipio madrileño de Villanueva del Pardillo.[7][8]

Nas eleccións municipais de maio de 2019 en Madrid, a candidatura de Ciudadanos, encabezada de novo por ela, conseguiu 11 concelleiros (catro máis que en 2015).[9] Posteriormente, pactou un goberno de coalición PP+C's no que se investiu como alcalde a José Luis Martínez-Almeida e, ela, ocupou o cargo de Vicealcaldesa.[10] Unha das súas iniciativas foi o desenvolvemento do Bosque Metropolitano.[11]

Polémica

[editar | editar a fonte]

Até o seu cesamento en marzo de 2018, foi administradora solidaria da empresa Iuriscontencia, despacho de avogados que asesorou legalmente á Unión de Policías de Madrid.[12] Esta circunstancia non quedou reflectida nas ​declaracións de 2015, 2016 e 2017, como se pode observar no portal de transparencia municipal, a pesar de que, como concelleira electa en 2015 do Concello de Madrid, estaba obrigada a facelo tanto na declaración de bens como nas súas actividades, entre elas os cargos mercantís, segundo establece o artigo 8.1 h) da Lei de Transparencia e 0 75.7 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LBTL).[13]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casada co tamén avogado Antonio Suárez-Valdés,[14] con quen tivo tres nenas,[15] e do que se divorciou en 2020.[16]

Seu irmán, Borja Villacís, foi asasinado durante un axuste de contas relacionado co narcotráfico en Madrid. Tanto o propio Borja como o seu asasino estaban moi ligados a grupos neonazis violentos, e tiñan antecedentes por agresión e outros delitos, ademais de dedicarse ao tráfico de drogas.[17]

  1. 1 2 3 4 Martín, Daniel (28 de febreiro de 2015). El Mundo, ed. "Begoña Villacís, elixida candidata de Ciudadanos á Alcaldía de Madrid". Consultado o 29 de marzo de 2015.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 Ruiz Valdivia, Antonio (6 de xullo de 2015). "17 cosas que no sabías de Begoña Villacís (Ciudadanos)". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  3. 1 2 Ruiz Valdivia, Antonio (8 de marzo de 2015). "Begoña Villacís, candidata de Ciudadanos al Ayuntamiento de Madrid: "Me siento muy Naranjita"". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  4. 1 2 Mateo, J.J. (2 de marzo de 2015). "Ciudadanos presenta sus fichajes para la alcaldía y la Comunidad de Madrid". elpais.com (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  5. Sanchis, Luz (18 de marzo de 2015). "Begoña Villacís (Ciudadanos): "Nosotros no somos políticos, somos gente"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  6. Rivas, Tatiana G.; Chicote, Javier (24 de maio de 2019). "Begoña Villacís negoció con Vox para sumarse a sus filas". abc.es (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  7. "Villacís: "La mejor manera de quejarse, es expresarse, y la mejor manera de expresarse es votando"". abc.es (en castelán). 24 de maio de 2015. Consultado o 21-12-2019.
  8. "Dónde viven los futuros gobernantes de Madrid y Barcelona". cincodias.elpais.com (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 21-12-2019.
  9. Mateo, Juan José (30 de maio de 2019). "El PSOE, a Villacís: o ser alcaldesa o pactar con Vox". elpais.com (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  10. Redacción (15 de xuño de 2019). "Jose Luis Martínez Almeida, nuevo alcalde de Madrid". telemadrid.es (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
  11. Martín, Lucía (9 de xuño de 2020). "La recuperación del Cerro Almodóvar, primer paso del Bosque Metropolitano". madridiario.es (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
  12. Elorduy, Pablo; García, Ter (9 de abril de 2019). "Villacís salió de la asesora legal de UPM una semana después de la querella a Rommy Arce". elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  13. Chicote, Javier; Rivas, Tatiana G. (19 de febreiro de 2019). "Villacís ocultó durante tres años una sociedad patrimonial con dos millones de euros en inmuebles". abc.es (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  14. Martínez, Sonia; García, Ter; Elorduy, Pablo (24 de abril de 2019). "Villacís y su marido acumulan más de 2,5 millones de euros en inmuebles". elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 21-12-2019.
  15. "Begoña Villacís da a luz a Inés, su tercera hija: "Estamos muy bien y felices"". elmundo.es (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 21-12-2019.
  16. "Begoña Villacís se divorcia tras 15 años de matrimonio y se la relaciona con el periodista Rubén Amón". libertaddigital.com (en castelán). 20 de xuño de 2020. Consultado o 6 de maio de 2021.
  17. Moya, Aitor Santos (2024-06-04). "Quién era Borja Villacís: la sombra de un neonazi heredero de la que fuera la facción más violenta de Ultras Sur". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2026-06-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]