Begoña Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Begoña Freire Vázquez»)
Begoña Freire
Nome completoBegoña Freire Vázquez
Nacemento1968
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Begoña Freire Vázquez, nada na Coruña en 1968, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Técnica xurídica de Urbanismo na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Militou desde os 20 anos en Novas Xeracións e despois no PPdeG.

Foi deputada do Parlamento de Galicia en 1999 substituíndo a Antonio Couceiro Méndez. Foi elixida concelleira da Coruña nas municipais de 2011[1] e foi concelleira delegada de Tráfico, Mobilidade, Uso e Utilización do Dominio Público. Volveu ser elixida concelleira nas municipais de 2015.

Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixida á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[2].

Notas[editar | editar a fonte]