Beatriz Gómez
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Gómez Cortés 29 de decembro de 1994 (29 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Altura | 169 cm |
Peso | 61 kg |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Beatriz Gómez Cortés, nada en Pontevedra o 29 de decembro de 1994, é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Santa Olaya de Xixón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a nadar con catro anos e a competir pouco despois, nas filas do Club Natación Galaico de Pontevedra.[1] Aos 13 anos empezou a competir máis seriamente, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que recoñeceu que de pequena lle daba medo a auga, conseguiu unha bolsa de estudos para prepararse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestrou como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato.[2]
Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza,[3] varios campionatos de España en diferentes modalidades,[4][5] e o Campionato Mundial Júnior de 200 metros estilos logrado en Lima en 2011.[6]
Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12.[7] Participou nos Campionatos Mundiais de Natación de 2013 e 2015, e nos Xogos Mediterráneos de 2018, acadando neste último evento o cuarto posto na proba de 200 metros estilos.[8]
En 2020 fichou polo Club Natación Santa Olaya de Xixón.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2014 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da III Gala do Deporte Feminino Galego.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Beatriz Gómez Arquivado 26 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web do COE (en castelán).
- ↑ De pequena tiña medo á auga e choraba cando ía á piscina, entrevista a Beatriz Gómez en La Voz de Galicia do 15/01/2011 (en galego).
- ↑ Beatriz Gómez logra aos seus 16 anos un histórico cuarto posto no Europeo, artigo de La Voz de Galicia do 27/11/2010 (en galego).
- ↑ "Campións de España de Verán de Natación" (PDF). cdn.leverade.com (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de Inverno de Natación" (PDF). cdn.leverade.com (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ Bea, Campioa do mundo, artigo no Diario de Pontevedra do 20/08/2011 (en galego).
- ↑ Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).
- ↑ "Final de 200 metros estilos nos Xogos Mediterráneos de 2018" (PDF). Xogos Mediterráneos de 2018 (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de xullo de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "El Santa Olaya ficha a la olímpica en Londres 2012 Beatriz Gómez Cortés" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "O deporte feminino galego celebrou a súa gala. Federación Galega de Caza". www.federaciongalegadecaza.com. Consultado o 2021-02-20.