Saltar ao contido

Beatriz Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz Gómez

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Beatriz Gómez Cortés Editar o valor em Wikidata
29 de decembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso61 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor em Wikidata


Beatriz Gómez Cortés, nada en Pontevedra o 29 de decembro de 1994, é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Santa Olaya de Xixón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a nadar con catro anos e a competir pouco despois, nas filas do Club Natación Galaico de Pontevedra.[1] Aos 13 anos empezou a competir máis seriamente, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que recoñeceu que de pequena lle daba medo a auga, conseguiu unha bolsa de estudos para prepararse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestrou como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato.[2]

Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza,[3] varios campionatos de España en diferentes modalidades,[4][5] e o Campionato Mundial Júnior de 200 metros estilos logrado en Lima en 2011.[6]

Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12.[7] Participou nos Campionatos Mundiais de Natación de 2013 e 2015, e nos Xogos Mediterráneos de 2018, acadando neste último evento o cuarto posto na proba de 200 metros estilos.[8]

En 2020 fichou polo Club Natación Santa Olaya de Xixón.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2014 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da III Gala do Deporte Feminino Galego.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Beatriz Gómez Arquivado 26 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web do COE (en castelán).
  2. De pequena tiña medo á auga e choraba cando ía á piscina, entrevista a Beatriz Gómez en La Voz de Galicia do 15/01/2011 (en galego).
  3. Beatriz Gómez logra aos seus 16 anos un histórico cuarto posto no Europeo, artigo de La Voz de Galicia do 27/11/2010 (en galego).
  4. "Campións de España de Verán de Natación" (PDF). cdn.leverade.com (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  5. "Campións de España de Inverno de Natación" (PDF). cdn.leverade.com (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  6. Bea, Campioa do mundo, artigo no Diario de Pontevedra do 20/08/2011 (en galego).
  7. Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).
  8. "Final de 200 metros estilos nos Xogos Mediterráneos de 2018" (PDF). Xogos Mediterráneos de 2018 (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de xullo de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  9. "El Santa Olaya ficha a la olímpica en Londres 2012 Beatriz Gómez Cortés" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  10. "O deporte feminino galego celebrou a súa gala. Federación Galega de Caza". www.federaciongalegadecaza.com. Consultado o 2021-02-20.