Saltar ao contido

Batalla do Holme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do Holme
Parte de Guerra de sucesión polo trono de Wessex

Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 13 de decembro de 902
Localización valor descoñecido e Holme (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Resultado Triunfo viquingo de Danelaw
Derrota e morte dos caudillos Eirík e Æthelwold
Líderes
Descoñecido Eirik de Anglia Oriental
Æthelwold de Wessex

A batalla do Holme foi un conflito bélico que enfrontou aos exércitos do reino de Kent e os daneses de Danelaw nalgún lugar de reino de Anglia Oriental, hoxe descoñecido, pero pode tratarse de Holme, en Huntingdonshire (hoxe parte de Cambridgeshire)[1].

Tras a morte de Alfredo o Grande en 899, o seu fillo Eduardo o Vello foi coroado como rei dos anglosaxóns de Wessex, pero o seu primo Æthelwold, fillo de Aethelred I irmán de Alfredo, reclamou o trono de Wessex. A súa iniciativa fracasou e refuxiouse no territorio dos escandinavos de Anglia Oriental, onde gobernaba o caudillo viquingo Eirík (segundo a crónica anglosaxoa, foi declarado rei de Anglia Oriental, pero é improbábel e a versión que recibe máis peso é, como moito, que recibiu un rango de jarl de Sigfrøðr e Knútr que gobernaban en diarquía Jórvik)[2]. En 901 Æthelwold preparouse para a guerra cunha frota e dirixiuse a Essex e persuadiu aos viquingos do Danelaw para atacar Mercia e o norte de Wessex. Eduardo adiantouse para devastar Anglia Oriental e os viquingos tiveron que retroceder para protexer o seu territorio, a partir de aí Eduardo apostou por non desencadear un maior derramamento de sangue e retirouse, pero o exército de Kent vía a alianza polo trono de Wessex como unha ameaza e decidiu atacar pola súa conta enfrontándose no campo de batalla.

Non se coñecen os detalles da batalla, pero percíbese que os viquingos gañaron a partida e a crónica anglosaxoa achega algo de luz sobre iso cando cita que os daneses de Anglia Oriental «conservaron o lugar da matanza». aínda que é indubidábel que sufriron importantes baixas, entre eles o mesmo pretendente de Wessex, Æthelwold e o rei viquingo Eric[3].

  1. "Ryan Lavelle, Æthelwold of Wessex: King of the Pagans". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  2. Campbell, James (2001) What is not known about the reign of Edward the Elder, editorial de N. J. Higham & D. H. Hill, Edward the Elder 899-924, Routledge, p. 21.
  3. Anglo-Saxon England. Clarendon Press. 1943. ISBN 0-19-821716-1.  p. 321-2