Saltar ao contido

Batalla de Armentières

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Armentières
Conflito: primeira guerra mundial, parte da carreira cara ao mar
Data:13 de outubro ao 2 de novembro de 1914
Lugar: Río Douve, Francia
Resultado: Inconclusa.
Combatentes
Imperio Británico Imperio Alemán
Comandantes
Sir Horace Smith-Dorrien Rupprecht de Baviera
Forzas en combate
III Corpo Británico IV e VI Exército alemán
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de PicardyBatalla de FlireyBatalla de AlbertPrimeira batalla de ArtoisBatalla de BasséeBatalla de MessinesBatalla de ArmentièresBatalla de YserPrimeira batalla de YpresPrimeira batalla de Champagne

A batalla de Armentières foi unha batalla da primeira guerra mundial, que forma parte do conxunto da carreira cara ao mar, acontecida en outubro de 1914, que enfrontou a tropas británicas do III Corpo e as tropas alemás do IV e VI Exércitos. No norte, mestúrase coa batalla de Messines, e no sur coa batalla de Bassée. O 10 de outubro, as tropas británicas acadaron St. Omer e o día 12, adentráronse cara ao río Lys. O día 13 atoparon resistencia xermana nunha crista ben fortificada. O III Corpo atacou frontalmente as posicións, sen reforzos de ningún tipo. Tras un día de intensa batalla e 708 baixas, foron quen de forzar a retirada alemá.

O mesmo día, as tropas alemás conquistaron Lille, e os británicos comezaron a manobrar para recuperar a cidade. O III Corpo atacou de novo ás tropas do IV Exército alemán. Mentres tanto, o VI Exército atacaba Menin, participando na batalla de Yser e na primeira batalla de Ypres. O 15 de outubro, o III Corpo atacou Armentières, conquistando a poboación. O 17 acadaron o control completo da cidade e deuse a orde de despregar pontes sobre o río Lys, preparando o avance sobre Lille. Os días seguintes, os alemáns atacaron varias veces sen éxito. A primeiros de novembro, a cidade permanecía en mans británicas, pero a posición era máis inestable tras o inicio da batalla de Gheluvelt.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]