Batalla de Flirey
| Batalla de Flirey | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Carreira cara ao Mar | |||||||||
| |||||||||
|
Resultado
Vitoria táctica xermana | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A batalla de Flirey foi unha batalla da primeira guerra mundial sucedida entre o 19 de setembro de 1914 e o 11 de outubro do mesmo ano. O resultado foi unha vitoria alemá sobre as tropas francesas. A batalla danou estruturas importantes que chegaban á cidade fortificada de Verdún
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Nas beiras do río Meuse foron ao longo dos séculos construídas varias fortificacións, tanto no lado alemán coma no lado francés. Nos anos anteriores ao inicio da primeira guerra mundial, o Alto Mando xermano deuse conta de que a artillaría podería esnaquizar grandes infraestruturas a longas distancias. Por iso co inicio da guerra, as tropas alemás viron no Meuse a oportunidade de curtar estradas e vías férreas francesas que conducían a Verdún. Deste xeito limitarían as posibilidades dos franceses de atacar territorio alemán.
A batalla
[editar | editar a fonte]O ataque comezou o 19 de setembro cando a cabalería alemá que partía de Metz, atacou a tropas defensoras francesas en torno a Dieulouard e Martincourt. Flirey, os bosques achegados e Seicheprey foron capturados rapidamente. O día 22, os franceses recibiron reforzos pero non puideron frear o avance alemán. Para este día, os efectivos alemáns mudaron a dirección de sur a sueste. O día 24, tomaron Saint-Mihiel pero foron retomados Flirey, Seicheprey e Xivray. Ante as novas ofensivas galas, o exército alemán atrincherouse e o día 27 sufriu varios ataques, que non obstante apenas moveron a liña da fronte. Os ataques franceses continuaron ata o 11 de outubro, sen resultado.